Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesorado do Campus de Ferrol traballa para achegar a impresión 3D a nenos e adolescentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesorado do Campus de Ferrol traballa para achegar a impresión 3D a nenos e adolescentes

S. P.
Publicado: 05/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20241205-ferrol-impresion-3d-educac.-infantil.jpg_172838568.jpgBaixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC), Elena Arce Fariña, un equipo docente do campus ferrolán está a impulsar un proxecto dirixido a chegar a tecnoloxía de impresión 3D e os conceptos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) á educación infantil, primaria e secundaria formando ao profesorado, deseñando recursos didácticos adaptados e promovendo a participación activa do alumnado e das súas familias en todo o proceso. Trátase do proxecto Polos en Marcha.
Ai iniciativa, financiada integramente, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, xa achegou varias actividades formativas: un curso de formación en Deseño, Modelado e Impresión 3D e outro centrado nos Materiais para a Impresión 3D e a Reciclaxe.
Ata o de agora, son preto de 70 os docentes da comarca de Ferrolterra que teñen participado, de xeito presencial, nas instalacións da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), nestas dúas formacións. Todos eles e elas imparten clase no Colexio Cristo Rey, no Colexio Sagrado Corazón – Mercedarias e no Colexio Jesús Maestro de Ferrol, así como no CPR Santiago Apostolo de Narón.
Ao longo do primeiro trimestre do ano 2025 está previsto que estas dúas formacións se impartan, de novo, no Campus Industrial de Ferrol e nas cidades de Santiago e de Vigo. A maiores, tamén se contempla a posibilidade de que os e as docentes de infantil, primaria e de secundaria interesados e interesadas en formarse no eido da impresión 3D poidan facelo a través da páxina web do proxecto Polos en Marcha, baixo a supervisión de profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC) e de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo (UVigo).
A organización de talleres de deseño participativo nos propios centros educativos co obxectivo de co-crear recursos didácticos adaptados para as etapas de infantil, primaria e secundaria, a creación dun repositorio web de acceso libre e a organización dun evento de divulgación no Campus Industrial de Ferrol son outros dos retos que ten por diante un proxecto que comezou a súa andaina o pasado mes de setembro e que rematará en decembro de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?