Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta informa que xa se poden descargar os Bonos Activa Comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta informa que xa se poden descargar os Bonos Activa Comercio

S. P.
Publicado: 09/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20241209_conselleiro_emprego_comercio_02av.jpgAfianzar a clientela e asegurar o mantemento e futuro dos establecementos a prol da cidadanía, e máis nestas datas achegadas ao Nadal son os obxectivos da ampliación dos Bonos Activa Comercio da Xunta, que xa levan mobilizados máis de 11M€ en vendas, con máis de 255.000 bonos descargados e con esta nova oportunidade lévanse adheridos arredor de 7.100 establecementos aos que se poden sumar máis.
Deste xeito, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitaban na mañá deste luns, 9 de decembro, o comercio téxtil Sarto de Santiago, un dos adheridos á sexta edición dos Bonos Activa Comercio, que se acaba de ampliar con 2,5 M€ e reactivada hoxe ás 9 horas, tralo éxito acadado e esgotarse en pouco máis de dous días os 2,5 M€ iniciais desta campaña.
A xeito de curiosidade, dicir que hoxe en menos de media hora desde a súa reactivación, a iniciativa levaba máis de 7.000 novos bonos descargados, o que supón uns 262.000 bonos, cifras que se irán incrementando ao longo da xornada.
En canto ás persoas consumidoras, informar que as que xa descargasen o bono e non o consumisen enteiro poden facelo e as que aínda non o teñan descargado dispoñen dunha nova oportunidade para
obtelo na web dos Bonos Activa Comercio a partir de hoxe para poder beneficiarse dos descontos de ata 30 euros nas compras que realicen nos comercios adheridos. No caso daquelas persoas usuarias que descargaron o bono desta sexta edición e o eliminaron sen chegar a gastalo, poderán volver a descargalo desde xa para empregalo.
Os bonos teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así: as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto acadará os 15 euros. Engadir que segundo as normas da convocatoria, cada
persoa pode descargar un único bono, polo que se un usuario ou usuaria xa fixo uso do seu bono en novembro, non pode volver descargar outro agora. Cando o importe total dos descontos realizados acade os 2,5 M€ desta ampliación adicional, os bonos descargados xa non se poderán usar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?