Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova convocatoria do Kit Dixital inclúe por vez primeira ferramentas de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova convocatoria do Kit Dixital inclúe por vez primeira ferramentas de IA

S. P.
Publicado: 09/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kit_dixital-4.jpgO Goberno central, a través da entidade pública Red.es, presentou este luns 9 de decembro unha nova convocatoria do programa Kit Dixital dirixida a medianas empresas de entre 50 ata 250 empregados na Cámara de España. Segundo fixo saber o Executivo, por primeira vez o catálogo de solucións tecnolóxicas que poderán adquirir as empresas con estas axudas incorpora ferramentas de Intelixencia Artificial.
Na inauguración do evento de presentación, o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, recalcou a importancia da colaboración público-privada na dixitalización da economía, “contribuír á dixitalización das pequenas e medianas empresas é a mellor achega que podemos facer para a transformación das pemes, e con iso á modernización do país e a transición a unha economía baseada no coñecemento e a sustentabilidade. Se conseguimos transformar ás pemes, cambiariamos ao país”.
“O éxito do Kit Dixital demostra que Red.es converteuse nunha panca dixital indispensable. Unha empresa pública que ofrece solucións reais porque coñece de primeira man as necesidades cotiás dos negocios aos que se dirixe”, explicou o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, na presentación da nova convocatoria na Cámara de Comercio.
Pola súa banda, o director xeneral de Red.es, Jesús Herrero, foi o encargado de explicar todas as novidades da nova convocatoria de Kit Dixital. Ademais, de contar en detalle as contías, os segmentos e as novas solucións que as medianas empresas poderán solicitar, destacou que “esta nova convocatoria é a quinta que se publica dun programa que xa cumpre tres anos, un programa que conseguiu chegar ao 100% do territorio e que foi evolucionando para ir cubrindo necesidades que fomos detectando”.
kit_dixital_2.jpg María González-Veracruz, secretaria de estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, quixo “reivindicar o éxito e a eficiencia sen precedentes que está a supoñer o Kit Dixital e todo o bo que vai traer este novo segmento para medianas empresas”.
A contía das axudas, o bono dixital, para esta convocatoria será de 25.000€ para aquelas empresas de entre 50 e menos de 100 empregados e de 29.000€ para as empresas cuxo número de empregados sexa de entre 100 e menos de 250 empregados.
As empresas poderán acceder a un catálogo de 14 solucións que se actualizou e adaptado ás necesidades do seu tamaño. Por primeira vez, incorpóranse tecnoloxías de Intelixencia Artificial. O catálogo está dispoñible na web de Acelera Peme e componse das seguintes categorías: Comercio electrónico; Xestión de redes sociais; Xestión de clientes, business intelligence e Analítica; Xestión de Procesos; Xestión da facturación e factura electrónica; Servizos e ferramentas de oficina virtual; Comunicacións seguras; Ciberseguridade; Presenza avanzada na Internet; Servizo de ciberseguridade xestionada; Xestión de clientes con IA asociada; Business intelligence e analítica e IA asociada; e Xestión de procesos con IA asociada.
A partir do 12 de decembro de 2024 ás 11 horas, as medianas empresas de entre 50 e menos de 250 empregados poderán solicitar a axuda do programa Kit Dixital a través da sede electrónica de Red.es. O prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de xuño de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?