Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG reclamará no Congreso garantir a extensión de fibra óptica a todo o territorio galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG reclamará no Congreso garantir a extensión de fibra óptica a todo o territorio galego

S. P.
Publicado: 09/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nestor_rego_congreso_bng.jpgO Bloque Nacionalista Galego anunciou que vai defender na Comisión de Economía e Transformación Dixital do Congreso unha Proposición de Lei para “solucionar as deficiencias e problemas de desconexión no proceso de extensión da fibra na Galiza”, especialmente en distintos concellos e zonas do rural como é o caso de Lugo, explicou a agrupación, engadindo que a iniciativa insta o Goberno a adoptar as medidas que garantan a chegada da fibra óptica a 100% dos fogares galegos e coordinar coas operadoras a súa chegada.
O BNG, a través do deputado Néstor Rego, lembra que a nosa terra está a ser deficitaria no que se refire á transición entre as antigas liñas fixas de teléfono e ADSL á actual fibra óptica que permite a Internet ultrrápida. “Neste proceso de substitución”, explica, “están a presentarse numerosas eivas en distintas vivendas illadas, núcleos, lugares e parroquias do rural; problemas sobre todo en zonas do rural de Lugo que quedan sen servizo de telefonía fixa, e tampouco contan cunha adecuada cobertura de telefonía ou datos móbiles”.
A agrupación nacionalista di que o Goberno do Estado debe adoptar medidas para “evitar que núcleos e vivendas do ámbito rural da Galiza queden desconectados ante o apagamento da era de cobre e garantir a chegada de fibra óptica á totalidade dos fogares”, defendeu o deputado do BNG no Congreso, engadindo que “o Executivo ten que coordinar coas operadoras de telefonía o proceso de extensión da fibra óptica no ámbito rural galego de modo que non se produzan problemas de demora ou de ausencia de servizos”.
A organización nacionalista urxe actuacións contundentes para “que non se produzan problemas de demora, incumprimentos de datas e situacións de incomunicación e de illamento de núcleos de poboación ou de vivendas e se compatibilice adecuadamente a fase de substitución, sobre todo nas zonas escuras de cobertura de telefonía móbil que non terían alternativa”.
Rego destaca tamén que “o Goberno debe informar adecuadamente á poboación sobre o apagamento do cobre e habilitar un mecanismo de reclamacións para que as persoas, especialmente ás do medio rural, damnificadas polo proceso de substitución poidan canalizar as súas queixas e reclamacións de forma fácil, áxil e directa”.
A fronte nacionalista fai fincapé nos datos que proveñen dos concellos lucenses, sobre todo os do rural, e a enorme fenda dixital que sofren. “Lugo está á cola do Estado en cobertura de banda larga e abarca só 69,7% do territorio, unha cifra que se reducirá agora despois do apagamento das centrais de cobre”, subliñou o deputado nacionalista, poñendo o foco en casos moi destacados de ausencia de despregadura axeitada de telecomunicacións como os de San Martiño de Suarna, na Fonsagrada, ou outros lugares e parroquias do Corgo, Pol, Sarria, Samos Ourol, O Páramo, Muras, Ribeira de Piquín, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?