Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Confirman dende a UVigo os beneficios de combinar exercicio e realidade virtual en persoas con párkinson
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Confirman dende a UVigo os beneficios de combinar exercicio e realidade virtual en persoas con párkinson

S. P.
Publicado: 10/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_parkinson_potaipei1.jpgO desenvolvemento dun programa de exercicio físico a alta intensidade nunha contorna de Realidade Virtual inmersiva mellora a capacidade funcional e a calidade de vida das persoas con párkinson e pode contribuír a reducir a progresión desta enfermidade. Esta é unha das conclusións extraídas do estudo piloto que o grupo de investigación HealthyFit levou a cabo coa colaboración da Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark), no marco do proxecto Integra-Park, desenvolvido co financiamento do IV Plan Social Ence.
O investigador principal do grupo, o catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José María Cancela, explica que o obxectivo deste proxecto era “achegar determinadas prácticas deportivas, como o remo, que non son accesibles” a esta poboación, dado os riscos que podería implicar a súa práctica nunha contorna natural.
uvigo_parkinson_poaintegrapark2.jpgEmpregando unhas lentes de Realidade Virtual, sincronizadas cun cicloergómetro e un remoergómetro intelixentes, posibilitouse que persoas con párkinson puidesen levar a cabo un programa de actividade física de 14 semanas, con dúas sesións semanais de 25 minutos; unha delas dedicada a pedalear e a outra a remar por diferentes contornas virtuais. Mediante o uso de exergames, as e os participantes desenvolvían a actividade física mentres “se desprazaban polas canles de Venecia ou participaban nunha carreira ciclista”, apunta Cancela, e realizaban a súa vez “pequenas tarefas cognitivas e de toma de decisións” no marco da propio videoxogo.
Neste estudo piloto participaron doce pacientes que se atopan nos estadios I a III desta enfermidade, que implican a aparición e a progresión de diferentes síntomas motores. Estes foron de feito “os que melloraron principalmente”, nas avaliacións realizadas ao remate do programa, como destaca o responsable do grupo HealthyFit, inserido no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
uvigo_parkinson_poaintegrapark1.jpg Máis polo miúdo, rexistráronse melloras en diferentes parámetros referidos á capacidade funcional, como a mobilidade, o equilibrio dinámico e a forza muscular. Neste último ámbito, acadouse unha mellora do 24% nas variables referidas á forza dos membros inferiores, un parámetro relevante, como lembra Cancela, para avaliar o seu grao de autonomía, xa que un dos síntomas motores do Párkinson é “que comezan a desprazarse arrastrando os pés, o que moitas veces causa a perda de ton muscular no tren inferior”. Así mesmo, a intervención xerou un incremento da forza de prensión nas dúas mans, “un parámetro identificado como indicador do síndrome de fraxilidade” e que, no caso de descender, sinalaría “unha aceleración” na progresión da enfermidade.
Do mesmo xeito, o programa permitiu mellorar a súa capacidade aeróbica nun 10%, así como a percepción que teñen de diferentes aspectos relacionados coa súa calidade de vida. Concretamente, as persoas participantes destacaron os seus efectos positivos para o desenvolvemento das actividades da vida diaria e para a diminución do malestar corporal, rexistrándose unha mellora do 44% nas variables dirixidas a avaliar o seu benestar emocional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?