Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo SpaceLab métese de cheo nunha nova misión para pór en órbita o proxecto CORTIS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo SpaceLab métese de cheo nunha nova misión para pór en órbita o proxecto CORTIS

S. P.
Publicado: 10/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_spacelab_cortis7.jpgOs e as estudantes que conforman a asociación UVigo SpaceLab traballan a prol da carreira espacial. Asemade, seguen inmersos no proxecto do cubesat BIXO (sen data concreta de lanzamento) e veñen de anunciar unha nova misión: CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space). Esta proposta, xurdida co apoio da empresa UARX Space, permitiralles testar e comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que posteriormente se implementarán no cubesat BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit).
CORTIS será lanzado en xuño de 2025 como carga secundaria a bordo de OSSIE (Orbit Solutions to Simplify Injection and Exploration), unha plataforma de inxección orbital desenvolvida pola compañía galega UARX Space, que acadará o espazo a bordo dun foguete Falcon 9 de SpaceX.
spacelab_uvigo_cortis2.jpgCómpre salientar que un dos obxectivos do proxecto CORTIS é comparar o desempeño entre un sensor de radiación comercial COTS e outros dous sensores desenvolvidos internamente polo equipo de UVigo SpaceLab. Como explica a coordinadora do equipo e responsable da Organización e Márketing, Estela Lima, atendendo aos datos que se obteñan en órbita, o equipo poderá seleccionar os sensores que mellores resultados acaden para implementalos en BIXO. Estes sensores, explican dende o equipo, “son de vital importancia para a misión biolóxica do cubesat, xa que nos permitirán saber a canta radiación estarán sometidas as bacterias durante o experimento, polo que será crítico asegurar o seu funcionamento en órbita e logo o procesado deses datos”.
Alén disto, a misión CORTIS tamén permitirá probar o rendemento dunha cámara con flight heritage, coa que agardan obter imaxes do exterior de OSSIE e da Terra. Esta cámara será unha das cargas secundarias que logo levará BIXO, polo que grazas a esta misión “poderemos probar o seu funcionamento en órbita e realizar probas de descarga e procesado das imaxe xeradas”.
espacelab_uvigo_cortis1.jpgA misión, que xorde a raíz de colaboracións previas con UARX Space, está plenamente deseñada polo equipo de UVigo SpaceLab e conta con empresas patrocinadoras que converten os seus deseños en realidade. Máis polo miúdo: o Departamento de Estruturas e Control Térmico estase encargando do deseño e fabricación da estrutura de aluminio anodizado que conterá o hardware no seu interior. Esta plataforma foi fabricada grazas á colaboración coa empresa Precisgal e servirá para protexer todos os elementos que irán no seu interior, amais de ser a ancoraxe ao vehículo de lanzamento.
Pola súa banda, o Departamento de Electrónica está traballando no desenvolvemento do hardware da misión en colaboración con Star Electrónica, onde se integrarán os sensores e a cámara e todos os compoñentes para o seu correcto funcionamento en órbita. O Departamento de Software é o responsable da programación necesaria para garantir a comunicación e procesamento de datos entre os distintos elementos. En canto ao Departamento de Enxeñaría de Sistemas, é o encargado de expoñer os obxectivos, de definir as fases da misión e do plan de operacións en órbita.
En resumo, este proxecto de UVigo SpaceLab e UARX Space contribúe a posicionar á Universidade de Vigo como un referente no sector aeroespacial galego, á vez que impulsa a formación de talento e a innovación tecnolóxica en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?