Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Tecnolóxico de Emprego celebra cunha edición especial os seus 25 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Tecnolóxico de Emprego celebra cunha edición especial os seus 25 anos

S. P.
Publicado: 10/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foro_tecnoloxico_emprego_uvigo_forotecno3.jpgSerá no mes de marzo do ano que vai entrar, 2025, o 25 aniversario do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha feira, impulsada por estudantes das escolas de Enxeñaría do Campus de Vigo. O encontro para festexar os 25 anos do Foro Tecnolóxico será os días 11 e 12 de marzo e dende a organización agardan que sexa unha das máis numerosas en cantidade de empresas asistentes.
Este evento servirá de antesala ao mercado laboral para o alumando asistente, que poderá entregar os seus currículos ás compañías presentes, coñecer as demandas e tendencias do mercado laboral e asistir a relatorios, mesas redondas e obradoiros.

José Luis Rodríguez Rodríguez, coordinador de Organización; Iago Vázquez Quiroga, coordinador xeral e Belén Parente Artime, coordinadora de Comunicacións
José Luis Rodríguez Rodríguez, coordinador de Organización; Iago Vázquez Quiroga, coordinador xeral e Belén Parente Artime, coordinadora de Comunicacións
Cómpre dicir que este ano son 17 mozos e mozas os que se encargan da organización do Foro Tecnolóxico de Emprego, tres da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, tres da EE Industrial e once da EE de Telecomunicación. Á fronte do grupo está Iago Vázquez Quiroga (alumno do Máster de Enxeñaría Industrial), e xunto a el conforman o equipo directivo José Luis Rodríguez Rodríguez (estudante de 4° curso de Enxeñaría de Telecomunicación) como coordinador de Organización e Belén Parente Artime (alumna do Máster de Enxeñaría de Minas) coordinadora de Comunicacións.
Para Iago Vázquez o segredo que hai detrás do Foro Tecnolóxico de Emprego e a clave para que cada edición supere á anterior é “un gran traballo en equipo sumado a unha gran coordinación. É típico dicilo, pero a chave do éxito reside no grande equipo que se forma cada ano, a pesar de sufrir grandes cambios, todos os anos o espírito Foro mantense entre todos os integrantes, todos traballamos para que o evento sexa o mellor posible”. En total, entre todas as edicións pasadas foron arredor de 250 os mozos e mozas que investiron o seu tempo na organización destes evento, que se celebrou incluso durante a pandemia cunha edición totalmente virtual.
Para o coordinador xeral é, en resumo, o mellor evento que teñen os estudantes para coñecer e falar de ti a ti coas empresas do sector tecnolóxico. “Aínda sendo de primeiro de grao, poden comezar a falar con empresas do seu interese, para coñecer mellor que fan e que prácticas ou traballos ofrecen. Canto antes comecen, antes perderán o medo a falar coas persoas responsables de recursos humanos, ademais de ter acceso a mellores oportunidades laborais”.
Con tres meses por diante para acabar de darlle forma á edición do 25 aniversario, dende a organización adiantan que este ano será “moi especial, temos preparadas moitas novidades para o evento”, sen querer dar máis detalles. O que si avanzan é que será unha edición moi numerosa, xa que agardan contar con máis de medio de cento de empresas, que estarán a disposición do alumnado durante os dous días que durará o evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?