Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo modernizará o padrón dos 67 concellos da provincia cun investimento de 1,2 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo modernizará o padrón dos 67 concellos da provincia cun investimento de 1,2 millóns de euros

S. P.
Publicado: 10/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_101224_foto_de_familia_xeopadron.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes 10 de decembro, no Pazo de San Marcos, un convenio de colaboración cos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia para modernizar o padrón municipal dos 67 concellos do territorio: unha iniciativa para a que a institución provincial conta con 1,2 millóns de euros que conseguiu do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia que o Goberno central ten en marcha cos fondos da UE. O proxecto para dixitalizar os rexistros e adaptalos aos novos tempos chámase Xeopadrón.
En presenza da práctica totalidade dos responsables municipais e o deputado de Promoción Económica e social, Pablo Rivera Capón, Tomé explicou que a través do Xeopadrón “poñemos en marcha un novo sistema de xestión da información sobre os territorios de ámbito municipal que beneficiará, de maneira directa, aos 67 concellos da provincia”. Un programa para a modernización dos padróns que, segundo detallou o mandatario provincial, consistirá en revisar os datos do padrón que ten cada concello e contrastalos cos que ten o Instituto Nacional de Estadística (INE).
“Estamos falando dun servizo tecnolóxico que servirá para preparar o camiño cara o proxecto de Padrón Online que está a desenvolver o INE a través de dúas cuestións: crear unha base de datos xeorreferenciada de vivendas e fogares, e revisar e depurar a información padroal municipal do INE”, avanzou Tomé Roca.
Explicou tamén o presidente que esta liña de axudas “vén completar o camiño de modernización e transformación dixital das administracións locais que iniciamos co Impulsa TIC, que está executado ao 100%. Unha iniciativa para a que captamos o ano pasado máis de 4 millóns de euros e que levamos a cabo nos 52 concellos que decidiron sumarse voluntariamente”. Con cargo a este programa, sinalou que se levaron a cabo actuacións tan relevantes como integrar a Administración Electrónica dos concellos cos servizos da Administración Xeral, implantar postos de traballo intelixentes, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro. Puxo como exemplo a implantación dun sistema de gravación nos plenos municipais, para os que se instalaron 50 cámaras e máis de 400 micrófonos nos concellos de toda a provincia, ou a renovación de equipamentos informáticos coa compra de 114 ordenadores, máis de 640 pantallas ou máis de 100 tabletas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?