Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UCGAL enfila o Nadal axudándonos na nosa elección de compañía de telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UCGAL enfila o Nadal axudándonos na nosa elección de compañía de telecomunicacións

S. P.
Publicado: 18/12/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

qr_mobil_usuaria-2.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Asociación de Internautas e a Asociación pro Derechos Civiles, Económicos y Sociales (ADECES), presentou nesta recta final de ano os resultados máis relevantes dos estudos anuais de calidade da banda larga e de atención ao cliente, ofrecendo unha visión completa do rendemento das compañías.
No balance final faise saber que no contexto das festas e das compras de dispositivos e solucións tecnolóxicas, esta análise pode servir “como guía para axudar aos consumidores a tomar decisións informadas que garantan conectividade e satisfacción durante todo o ano”.
Entre as conclusións máis relevantes figura a seguinte: este 2024, o sector das telecomunicacións en España amosou un panorama marcado pola solvencia técnica, a calidade do servizo e as diferenzas notables entre os principais operadores.
Segundo os estudos presentados e parte dos cales puidemos coñecer xa hai uns días, Movistar destaca como o líder en banda larga fixa cunha puntuación de 8,7 e en banda larga móbil con 7,8. “Estes resultados”, explica a UCGAL, “reflicten un índice baixo de avarías e tempos de resolución significativamente máis rápidos”. Ademais, case o 99% das avarías son resoltas dentro das primeiras 48 horas, superando amplamente aos seus competidores, engádese no informe.
Nas conclusións, a Unión de Consumidores di que Vodafone e MásMóvil situáronse entre os operadores “menos fiables”, con puntuacións medias de 6,05 e 6,18 respectivamente. “O alto índice de avarías e os longos tempos de espera penalizan a súa valoración global”, engádese.
No caso da banda larga fixa, a maioría dos operadores manteñen velocidades de descarga superiores ao 95%, con excepción de Vodafone (89%) e Digi (92%). Con todo, en banda larga móbil persisten déficits notables, “onde operadores como MásMóvil e Digi non superan o 30% do caudal ofertado”, sinálase, engadíndose que “estes resultados destacan a necesidade de mellorar a infraestrutura móbil para atender as demandas crecentes de conectividade”.
Nas conclusións tamén se indica que “a atención ao cliente segue sendo un eido de mellora para moitos operadores”. Movistar lidera nesta categoría cunha puntuación global de 6,64, grazas a “unha atención personalizada máis eficiente e unha mellor resolución de incidencias”, sinálase.
Comprobouse ademais que persisten problemas que afectan a experiencia dos usuarios. Por exemplo, os tempos de espera para acceder ao servizo técnico superan os catro minutos na maioría dos operadores, chegando a case seis minutos en Movistar e Orange. Pola contra, Vodafone rexistrou o menor tempo de espera con 225 segundos, mentres que o resto móvense entre 45 e 79 segundos. En canto á resolución de avarías, no informe dise que “Movistar destaca cunha media de 46 horas”. Ademais, a eficacia da asistencia técnica remota oscila entre o 38% e o 50%, revelando a necesidade de mellorar os protocolos para evitar rutinas repetitivas e facilitar o acceso directo a persoal cualificado. Os prazos de instalación tamén varían de xeito significativo, con diferenzas de ata 22 días entre o prometido polos operadores e os comunicados oficialmente, o que resulta frustrante para moitos clientes. Estes factores destacan a urxencia de optimizar os servizos de atención para garantir unha experiencia máis fluída e satisfactoria.
A UCGAL lembra que “unha práctica preocupante é o uso indebido do DNI por parte dalgúns operadores para ofrecer información comercial, algo que vulnera a normativa de protección de datos; e isto súmanse chamadas invasivas e unha comunicación pouco transparente sobre penalizacións por permanencia”.
Recomendacións da UCGAL para este Nadal
1. “Calidade e solvencia técnica: Movistar lidera en termos de fiabilidade e rapidez na resolución de avarías. É a opción ideal para aqueles que buscan estabilidade e menos interrupcións nos seus servizos”.
2. “Atención ao cliente: Para un soporte rápido e eficaz, Movistar e Vodafone destacan, aínda que esta última debe mellorar noutros aspectos”.
3. “Transparencia e custos: A ausencia de permanencia fai que Movistar e Pepephone sexan opcións atractivas. Non obstante, revisa sempre os termos antes de contratar calquera servizo”.
4. “Cobertura e conectividade rural: Se resides en áreas menos poboadas, prioriza operadores con boa cobertura en fibra óptica e 5G, como Movistar”.
5. “Velocidade móbil: Para usuarios que dependen de internet móbil, Vodafone e Orange ofrecen mellores velocidades de descarga e subida en comparación con operadores como MásMóvil ou Digi”.
Do resultados destes estudos, a UCCAL destaca tamén a necesidade de reducir as barreiras de acceso tecnolóxico, especialmente en áreas rurais, e incrementar a formación en competencias dixitais. Ademais, promover a colaboración público-privada para universalizar o acceso á alta conectividade, clave para avanzar na cohesión social e territorial. “Neste Nadal”, sinala a organización galega, “a elección dunha boa compañía de telecomunicacións pode marcar a diferenza entre unha experiencia conectada sen interrupcións ou problemas recorrentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?