Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta enxalza as contribucións de Kreios Space á diversificación do aeroespacial galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta enxalza as contribucións de Kreios Space á diversificación do aeroespacial galego

S. P.
Publicado: 18/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

18122024_dxeise_kreiosspace3.jpgA directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo este mércores 18 de decembro unha xuntanza cos promotores de Kreios Space. Foi nunha visita ás instalacións desta nova firma innovadora, xurdida na Business Factory Aero (o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas da Civil UAVs Initiative), na Fundación CEL, en Lugo. Durante a visita, a directora destacou “a achega de Kreios Space á diversificación e á internacionalización do sector aeroespacial galego”.
Margarita Ardao coñeceu o traballo de Kreios Space da man do seu director executivo, Adrián Senar, e de parte do seu equipo, aos que felicitou pola consecución de 1,12 M€ na resolución provisional da última convocatoria do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE) do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) para as dúas propostas nas que participou en consorcio con outras empresas. Este financiamento permitiralle á startup, especializada no desenvolvemento de sistemas de propulsión eléctrica para satélites, avanzar nas súas solucións.
Lembrou ademais que durante o seu percorrido en BFAero, tamén obtivo 1,3 millóns de euros en financiamento público da man de programas coma o NEOTEC do CDTI ou o Programa de Centros de Fabricación Avanzada do IGAPE.
18122024_dxeise_kreiosspace.jpgKreios Space foi seleccionada no itinerario de incubación da 4ª edición da Business Factory Aero (2022) e no itinerario de aceleración da 5ª edición cun proxecto para o desenvolvemento dun sistema de propulsión eléctrico para satélites que permite mantelos indefinidamente en órbitas moi próximas á terra (VLEO), aumentando a resolución das imaxes recollidas e reducindo os custes.
O seu obxectivo agora é chegar a Europa, América, Asia, Oriente Medio, Oceanía nun prazo de catro anos. Ademais, tal e como explicaron os promotores da firma, a súa previsión é duplicar o cadro de persoal nos vindeiros 12 meses para afrontar retos como a transformación das instalacións da súa cámara de baleiro en Vigo nun centro estratéxico para a industria satelital europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?