Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto da USC subliña a importancia da aplicación AlertCops para garantir a seguridade no Camiño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto da USC subliña a importancia da aplicación AlertCops para garantir a seguridade no Camiño

S. P.
Publicado: 19/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Peregrinos no Camiño de Santiago nunha imaxe de Santi Alvite
Peregrinos no Camiño de Santiago nunha imaxe de Santi Alvite
A aplicación para móbiles AlertCops, aínda descoñecida por unha boa parte dos e das viaxeiras do camiño compostelán, ten un amplo potencial para garantir a seguridade das persoas que peregrinan polas rutas xacobeas. Esta é a conclusión do estudo do profesor José Sixto García da USC: A app AlertCops no Camiño de Santiago: a importancia de comunicar un Camiño seguro, que tivo a súa orixe nun proxecto de investigación financiado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, cuxa creación é o resultado da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.
Segundo Sixto, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá, con este estudo quer diagnosticar o grao de coñecemento que teñen as persoas que peregrinan polas rutas xacobeas sobre a existencia de AlertCops. Esta ferramenta pública permite á cidadanía poñerse en contacto de maneira inmediata coa Policía ou a Garda Civil para alertar de calquera situación delituosa, e que ten unha funcionalidade específica para o Camiño de Santiago.
Nun proxecto de investigación anterior realizado pola profesora de Psicoloxía Mar Durán e financiado pola Cátedra en 2019 sobre a percepción de seguridade no Camiño, alertábase de que un 80% das persoas manifestaban que preferirían peregrinar acompañadas por outras. Neste senso, o estudo do profesor Sixto busca “contribuír á procura de antídotos contra a sensación de medo e vulnerabilidade” que expresaban as persoas preguntadas pola posibilidade de camiñar en solitario. Coa finalidade de comprobar o grao de coñecemento acerca da existencia de AlertCops e cuantificar o posible uso das súas funcionalidades na percepción de estar a realizar un Camiño seguro, no proxecto de José Sixto realizouse unha enquisa a 100 peregrinas e peregrinos e complementouse a interpretación dos datos cuantitativos obtidos con entrevistas cualitativas aos responsables administrativos da aplicación.
Como resultado do ensaio, o investigador sinala: “A hipótese de partida verifícase e diagnostícase, AlertCops é unha aplicación descoñecida para a maioría dos peregrinos”, pois na actualidade só a coñece un 14% e a porcentaxe de instalación é aínda menor, polo que na súa opinión, implementar accións de comunicación por parte das forzas de seguridade, e das entidades de promoción do Camiño e das que agrupan peregrinas e peregrinos contribuiría a “incrementar o índice de coñecemento da app” e melloraría a percepción de seguridade nas rutas xacobeas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?