Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia comparte a súa estratexia de IA no ensino co responsable do informe PISA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia comparte a súa estratexia de IA no ensino co responsable do informe PISA

S. P.
Publicado: 19/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_informe_pisa_intelixencia_artificial_no_ensino.jpgA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse este 19 de decembro en París co director de Educación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e máximo responsable do informe PISA, Andreas Schleicher, para presentarlle a estratexia da Xunta para despregar a Intelixencia Artificial no ensino galego, aliñada co mandato desta organización internacional, coa que busca impulsar melloras en eidos como o abandono escolar, a inclusión, a equidade ou a transformación dixital.
Fernández agradeceu a Schleicher o seu interese polo modelo galego e deulle conta das accións que está a levar a cabo o Goberno autonómico para avanzar no eido da IA con medidas como o deseño dun marco ético para o seu emprego, novas materias para formar ao alumnado ou a xestión académica a través do proxecto EdugalIA, que agarda poder iniciar en 2025.
En oitavo lugar
Coincidindo con esta visita, a Xunta lembrou que a Comunidade galega é, segundo o informe PISA, a oitava rexión do mundo cos mellores resultados en Ciencia, e sitúase por riba da media de España e dos países da OCDE en Matemáticas e Lectura. Ademais, “é líder en equidade, ao garantir a igualdade de oportunidades con independencia do contexto socioeconómico do alumnado”, explicou a Xunta, engadindo que “cómpre seguir formando aos estudantes para os desafíos do século XXI”. Nese marco, ten abertas numerosas liñas de colaboración, entre elas coa Organización de Estados Iberoamericanos (EOI), que acompañou este xoves 19 á representante da Xunta nesta reunión de traballo.
A Xunta tamén recordou que “Galicia foi a primeira comunidade autónoma en desenvolver materias vinculadas á IA co fin de reforzar as competencias STEM a través dos novos currículos”. Na etapa de Primaria implementouse un bloque específico na área de Ciencias Naturais; en Secundaria, a materia Tecnoloxía e Dixitalización, e en Bacharelato, a de Intelixencia Artificial. Tamén nas etapas de FP e a Universidade.
Na súa visita Fernández destacou o proxecto EdugaIA, unha acción que quere converter a Galicia na primeira comunidade autónoma en aplicar os beneficios da IA á xestión educativa coa finalidade de mellorar o servizo que presta, así como os resultados, a través de tres eixes de actuación que son a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e o desenvolvemento dun espazo común entre familias, centros e Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?