Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo capta 750 mil euros de fondos europeos para formar en competencias dixitais á veciñanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo capta 750 mil euros de fondos europeos para formar en competencias dixitais á veciñanza

S. P.
Publicado: 20/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_201224_rolda_de_prensa_xunta_de_goberno_-_pilar_garcia_porto.jpgA Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou aceptar o investimento concedido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para desenvolver o proxecto E para dixitalizar Lugo, dentro do programa Reto Rural Dixital. Inclúe un investimento de 750.000 euros.
A iniciativa, que se enmarca dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, foi debullada pola voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que o obxectivo é ofrecer formación en competencias dixitais á veciñanza da provincia.
García Porto destacou que o programa pretende “garantir a inclusión dixital, diminuír a fenda dixital, asegurar a adquisición de competencias básicas para a cidadanía e garantir que as zonas en risco de despoboamento poidan aumentar os seus coñecementos sobre novas tecnoloxías”.
AdDeputada concretou que “no proxecto E para dixitalizarse Lugo inclúense unha serie de accións formativas directamente relacionadas coas necesidades tecnolóxicas da sociedade actual e que irán dirixidas á adquisición de coñecementos vinculados ás TIC, Tecnoloxías da Información e a Comunicación”. Nesta liña, subliñou “a veciñanza da provincia aprenderá sobre cuestións relacionadas coa procura de emprego ou o emprendemento”.
Ademais, tamén haberá formacións de especial interese para pais e nais “como por exemplo sobre os riscos de Internet ou a dependencia dos dispositivos móbiles”, dixo, engadindo que “para a poboación máis nova temos previstos cursos de ofimática e informática básica, ciberseguridade e redes sociais” e as persoas maiores “poderán aprender sobre o uso do móbil, a banca electrónica ou ferramentas de comunicación como Whatsapp ou Telegram”.
A deputada explicou que “na institución provincial somos plenamente conscientes da necesidade de facer fronte a esa brecha dixital que existe no territorio. Porque cremos que a tecnoloxía non debe ser unha barreira senón unha ferramenta que facilite a nosa vida diaria. Sabemos que as novas tecnoloxías traen consigo múltiples oportunidades e ademais son unha gran alidada á hora de crear emprego e impulsar os pequenos e medianos comercios. Unha cuestión que se atopa directamente relacionada coa loita contra o despoboamento e a fixación de poboación no rural”, destacou.
García Porto detallou que “estes 750.000€ súmanse aos máis de 18 millóns de euros que captamos da Unión Europea desde o ano 2019, achegas que nos permiten poñer en marcha proxectos coma este”. Neste sentido, recordou outras iniciativas coas que a institución provincial traballa na modernización e na dixitalización dos concellos da provincia “o xeopadrón, que asinamos recentemente, ou o programa Impulsa TIC, son só dous dos moitos proxectos aos que podemos facer referencia neste eido”.
A Deputación de Lugo é unha das institucións provinciais de toda España que máis fondos recibiron xunto con outras como Barcelona, Sevilla ou Valencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?