Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e a Fundación Santa María La Real potencian o emprego con formación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e a Fundación Santa María La Real potencian o emprego con formación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 23/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lanzadeiras_emprego-2.jpgA Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Santa María la Real anunciaron que van manter a súa colaboración para “continuar impulsando a inserción laboral das persoas con máis dificultades de acceder a un traballo”. Farano a través dunha nova edición do programa Hubs de Activación da empregabilidade, con dúas fases que abranguerán medida ducia de lanzadeiras de emprego para beneficiar, en total, a 120 persoas sen traballo.
O obxectivo do programa, que se prolongará ata novembro de 2025, “é activar persoal e profesionalmente aos participantes, mellorando a súa empregabilidade con competencias transversais e coas habilidades máis demandadas no mercado laboral -incluídas as competencias verdes-, ademais de reducir a fenda dixital”.
A primeira fase da iniciativa está en marcha e desenvolverase ata abril de 2025 de maneira simultánea no Centro de Orientación ao Emprendemento, situado na Coruña e que abrangue a lanzadeira Emprego Activa e a lanzadeira Despega, e no centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) de Redondela, coa lanzadeira de Emprego Nómade. En cada localidade participan 30 persoas.
En maio do vindeiro ano iniciarase a segunda fase, tamén con lanzadeiras simultáneas no Centro de Orientación ao Emprendemento e na localidade de Pontevedra, e na que en total poderán participar outras 60 persoas.
En concreto, o programa está dirixido a colectivos como os de parados de longa duración, persoas con baixa cualificación, inmigrantes, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, integrantes de fogares con todos os seus membros en desemprego ou familias monoparentais. As persoas interesadas en participar neste programa poden inscribirse no formulario online da iniciativa.
Durante os seis meses que duran as diferentes lanzadeiras, as persoas participantes obteñen unha guía en orientación laboral para actualizar a súa busca de emprego na contorna dixital, aprender a manexar os principais portais de traballo, optar a postos emerxentes no mercado laboral, mellorar o contacto con empresas e enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo.
Ao mesmo tempo, fórmanse en habilidades dixitais e competencias verdes.
A iniciativa está impulsada pola Fundación Santa María la Real e a Fundación Iberdrola España, co co-financiamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a cargo do Programa estatal de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza e da Xunta de Galicia, que destina a ela preto de 103.000 euros.
Estas novas lanzadeiras darán continuidade ás tres da primeira edición do programa de activación de empregabilidade, desenvolvidas pola Fundación Santa María la Real coa colaboración do Goberno galego, en Santiago de Compostela e na Coruña entre marzo e setembro de 2024. Nelas participaron un total de 80 persoas, que recibiron acompañamento ao longo de todo o proxecto en competencias dixitais e en competencias verdes, mediante sesións online e webinarios, entre outros. Desas persoas, algo máis dun 51% obtivo un emprego por conta allea e un 7,5% comenzou una formación regrada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?