Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rapazada de Vimianzo e Vilagarcía pechou o programa de videoconferencias con Papá Noel nas aulas CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rapazada de Vimianzo e Vilagarcía pechou o programa de videoconferencias con Papá Noel nas aulas CeMIT

S. P.
Publicado: 24/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_cemit_videoconferencia_papa_noel_1.jpgDende o 11 de decembro e ata o 19 de decembro as aulas da Rede CeMIT dos nosos concellos estiveron a disposición de Papá Noel para realizar comunicacións a distancia coa rapazada galega. Nestas conexións con Laponia participaron un total de 663 os nenos e nenas de educación infantil de 20 concellos. O novo programa de videoconferencias con Laponia, que celebrou este 2024 o seu décimo sétimo aniversario, rematou esta nova edición en Vilagarcía e Vimianzo e foi inaugurada o mércores 11 cos escolares de Educación Infantil do CEIP Xaquín Lorenzo Xocas de Bande.
Nos seguintes días e ata o 19 de decembro conectou con Laponia, en intervalos de media hora, as aulas CeMIT de Abegondo, Bande, O Barco, Barreiros, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Catoira, Celanova, A Fonsagrada, Guitiriz, Leiro, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo.
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén tiveron posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel as persoas adultas en situación de dependencia psíquica do Centro de Día e da Asociación Alume de Guitiriz, así como persoas usuarias da Asociación Pro-Minusválidos Aspromor de Ortigueira.
Con este tipo de experiencias, a Rede CeMIT da Xunta busca “converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen”.
As citas en Vimianzo e Vilagarcía
vimianzo_papa_noel_cemit.jpg Polo que respecta ao encontro online con Vimianzo, participaron os pequenos e pequenas do CEIP Baíñas mantendo unha xuntanza virtual con Papá Noel na Aula CeMIT. O alumnado trasladoulle as súas peticións para que non esqueza nada en Laponia.
En Vilagarcía, o alumnado de 5 anos do Colexio de San Francisco participou o 19 de decembro nunha videoconferencia con Papa Noel no Centro para o Modernización e Inclusión Tecnolóxica, CEMIT, con sede na avenida de Matosinhos.
As nenas e menos puideron falar de xeito individual con habitante máis ilustre de Rovaniemie e pedíronlle agasallos personalizados para a noite da Noiteboa. As solicitudes máis comúns foron pupitres de maiores, coches teledirixidos e ordenadores, sen esquecer algún que outro clásico como as bonecas Barbie e Nancy. Ao final da videoconferencia con Laponia, o alumnado puido cantarlle una panxoliña acompañada de xestos, e Papa Noel bailou con todos.
A posibilidade de interactuar con Papa Noel é unha iniciativa posta en marcha dende hai uns anos pola Xunta en colaboración cos concellos onde existen aulas CEMIT. Deste xeito, ábrese un tempo de inscrición e entre estes sortéanse as prazas. Nesta ocasión, a sorte sorriu ao colexio das franciscanas e o de Arealonga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?