Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare Solutions adquire a mexicana Cinko Shared Service Center
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare Solutions adquire a mexicana Cinko Shared Service Center

S. P.
Publicado: 26/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

zintech_optare_solutions.jpgA empresa tecnolóxica galega Optare Solutions completou a adquisición do 100% do capital social de Cinko Shared Service Center, compañía con sede en México DF especializada en consultoría tecnolóxica e automatización de procesos mediante tecnoloxías avanzadas como RPA (Automatización Robótica de Procesos). Esta operación reforza a presenza de Optare Solutions no mercado LATAM e complementa a súa oferta en solucións de automatización.
Na nota publicada por Optare explícase que segundo as máis recentes estimacións, CinkoSSC pechará o exercicio 2024 con ingresos de aproximadamente 1,4 millóns de euros, o que contribuirá de maneira significativa a incrementar a cifra de negocios consolidada de Optare Solutions na rexión.
CinkoSSC conta cun equipo de case 30 profesionais e unha sólida carteira de clientes en telecomunicacións e nos ámbitos retallista e industria.
Optare explica que a colaboración con Indeplo, unha das entidades vendedoras de CinkoSSC, abre a porta a novas oportunidades de negocio, especialmente en redes privadas para a industria, combinando a experiencia de Optare na despregadura de solucións cos acordos estratéxicos de Indeplo na distribución de hardware especializado.
Neste contexto de expansión, Daniel Montiel, ata o de agora director de Cinko Shared Services, incorpórase tamén ao equipo de Desenvolvemento de Negocio en Optare Solutions México.
Luís Álvarez-Sestelo, CEO de Optare Solutions, afirmou: “A incorporación de CinkoSSC a Optare Solutions representa un gran paso na nosa estratexia de expansión en LATAM. Esta adquisición é unha oportunidade para sumar capacidades e fortalecer a nosa proposta de valor, mantendo o noso compromiso coa innovación e o crecemento sostible”. Con esta adquisición, engade, “Optase Solutions continúa consolidando a súa posición como un socio estratéxico global, fortalecendo a súa capacidade para ofrecer solucións innovadoras e ampliando a súa presenza en mercados clave como México e LATAM”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?