Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrancan as xornadas de sensibilización do programa Talentos Inclusivos do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrancan as xornadas de sensibilización do programa Talentos Inclusivos do CITIC

S. P.
Publicado: 27/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_talentos_inclusivos-5.jpgTalentos Inclusivos segue avanzando no calendario de actividades previstas para esta quinta edición. Tras o acto de apertura celebrado o pasado mes de novembro, ao que asistiron representantes dos 15 centros educativos participantes, deron comezo as xornadas de sensibilización. Nestes encontros, persoas usuarias de entidades do terceiro sector desprázanse aos diferentes institutos para conversar co alumnado sobre a parálise cerebral e outros temas relacionados coa inclusión.
O IES Rego de Trabe, en Culleredo, acolleu a primeira xornada o pasado 15 de decembro. 59 estudantes de 4º da ESO e de 1º de bacharelato participaron na sesión, que foi liderada por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña. Divididos en pequenos grupos, o alumnado puido trasladar as súas inquedanzas ás persoas usuarias do centro. Aclararon conceptos como a alimentación texturizada, un proxecto impulsado por ASPACE Coruña, ou a disfaxia, que é a dificultade para tragar alimentos e líquidos. Ademais, discutiron as barreiras arquitectónicas e sociais que enfrontan as persoas con parálise cerebral na súa vida diaria.
O último encontro do ano realizouse no Colexio de Fomento Montespiño, da Coruña, que contou coa participación de 37 alumnas de 3º da ESO. As estudantes mostraron gran interese e empatía, participando activamente nas discusións e actividades propostas.
A través destas xornadas de sensibilización, preténdese crear un espazo de aprendizaxe e reflexión, onde os mozos poidan coñecer de primeira man as realidades e desafíos que enfrontan as persoas con parálise cerebral.
citic_talentos_inclusivos_2-4.jpgAdemais, os centros educativos xa seleccionaron os retos que levarán a cabo nesta nova edición, dun total de 36 propostas. Estas iniciativas están relacionadas con sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, fogar intelixente, produtos de apoio e impresión 3D, rehabilitación, acceso ao ordenador e outros dispositivos, e lecer. Os proxectos seleccionados buscan non só sensibilizar ao alumnado, senón tamén fomentar a creatividade e a innovación na busca de solucións tecnolóxicas que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade.
Talentos Inclusivos é un proxecto impulsado polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade da Coruña) que se desenvolve ao longo do curso escolar, e que conta co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía), o Consello Social da UDC e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Política Social e Igualdade.
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre o alumando e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A través deste proxecto, alumnos e alumnas de secundaria, bacharelato e Formación Profesional de diversos institutos de Galicia teñen que buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos propostos por usuarios das entidades ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e Cruz Vermella A Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?