Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Mercado de Cee inicia unha nova andaina tras unha fonda transformación estrutural e tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Mercado de Cee inicia unha nova andaina tras unha fonda transformación estrutural e tecnolóxica

S. P.
Publicado: 27/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pedro_blanco_cee_mercado.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, comprobou este 27 de decembro o resultado das obras de posta a punto do Mercado Municipal de Cee, onde salientou a aposta do Goberno “pola modernización do comercio de proximidade e a mellora dos servizos á cidadanía da man dos fondos do Plan de Recuperación”. Fíxoo na compaña da alcaldesa, Margarita Lamela, que lle mostrou os traballos de reforma do dito inmóbel, que contaron cunha axuda de máis dun millón de euros do Ministerio de Industria e Turismo a través da liña de fomento dos mercados urbanos sostibles.
Como explicou o delegado, grazas a este investimento (1.057.979,36 euros que representan o 80% do total do proxecto) os veciños e veciñas de Cee contan cun novo espazo no centro da vila que conxuga gastronomía, artesanía e cultura.
As actuacións consistiron na reforma integral do Mercado Municipal. Mellorouse a envolvente térmica do edificio e o illamento acústico, ao tempo que se dotou ao inmóbel dun novo sistema de iluminación máis eficiente e paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía.
Xunto ás obras no edificio, o proxecto AMACEE, beneficiario da axuda do Goberno, tamén inclúe a creación dunha vindeira plataforma web, unha aplicación móbil e campañas de promoción e información nas redes sociais, contemplándose tamén actividades de formación tecnolóxica e mentoring.
Crearase tamén un espazo gastronómico, zonas de exposicións e de artesanía e, ademais, unha zona de descanso e de promoción do Camiño de Santiago, ademais de campañas de promoción do comercio local, contidos dixitais, a habilitación dunha rede Wi-Fi na área comercial, un escaparate virtual e un control de quendas dixitais do Mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?