Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra máis dun 8% o uso da sede electrónica da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra máis dun 8% o uso da sede electrónica da Xunta

S. P.
Publicado: 30/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sede_electronica_xunta-2.jpgO Goberno galego, a través da axencia AMTEGA (Consellería de Facenda) fixo balance do uso e actividade da sede electrónica autonómica en 2023, ano no que rexistrou o inicio de 1.469.297 trámites, un 8,3% máis que o ano anterior. En total, 447.770 persoas (físicas ou xurídicas) empregaron esta canle no dito período para presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións.
“Estas cifras constatan a consolidación da sede electrónica como o punto de entrada á Administración Electrónica”, confirmaron fontes de AMTEGA, engadindo que “a oferta de procedementos que poden iniciarse en liña continúa a medrar e, en 2023, había dispoñibles un total de 2.130, 161 máis que o ano anterior”.
A maioría dos trámites, un 50,6%, están dirixidos á cidadanía; o 29,7% son paras ás empresas; o 10% para entidades sen ánimo de lucro, e un 9,2% están dirixidos ás entidades locais.
Son datos do estudo A administración Dixital da Xunta de Galicia, publicado este luns 30 de decembro, e elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
No informe constátase que durante 2023 houbo 4.509.478 accesos á carpeta cidadá, preto dun 5% máis que en 2022 (a carpeta cidadá é o espazo persoal no que os usuarios teñen acceso aos seus datos, á situación dos seus trámites coa Administración e á xestión destes desde un único punto). Asemade, subiu tamén o número total de usuarios activos de Chave365, ata acadar os 1.511.441, o que supón un incremento de máis de 33 mil respecto ao ano anterior.
O documento sinala un crecemento do 14,1% das notificacións a través da plataforma notifica.gal, que sumaron 1.715.777. Ademais, en 2023, un total de 23.915 persoas contaban con tarxetas intelixentes de empregado público para a identificación e a sinatura electrónica. O numero de documentos asinados en liña en 2023 superou os 10 millóns, mantendo a tendencia ascendente dos últimos anos.
Respecto á presenza en Internet, no informe sinálase que o catálogo de redes sociais da Administración galega ascendía en 2023 a un total de 438 iniciativas, que suman un total de 3.060.619 seguidores, un 24,8% máis que no 2022. “O portal institucional da Xunta de Galicia recibiu o pasado ano máis de 13 millóns de visitas, cunha media de 470.103 visitantes mensuais distintos, que viron máis de 26 millóns de páxinas”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?