Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As publicacións dixitais de Academia.gal enriquécense con poemas de Luisa Villalta en hindi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As publicacións dixitais de Academia.gal enriquécense con poemas de Luisa Villalta en hindi

S. P.
Publicado: 30/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vikash-kumar-sing-busto-rosalia.jpgA RAG quixo rematar o ano dando continuidade á celebración das Letras Galegas 2024 e ás homenaxes á poeta Luísa Villalta (A Coruña 1957 – 2004) e o seu universo literario. A Real Academia Galega ponlle agora o ramo a este ano que lle dedicou á poeta, dramaturga, ensaísta e narradora abríndolle a porta a unha das maiores comunidades de falantes do mundo. O profesor da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi da India Vikash Kumar Singh, exalumno dos cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, asina a tradución ao hindi de oito poemas de Papagaio na edición que se incorpora ao catálogo de publicacións dixitais de academia.gal, ilustrada cunha selección das fotografías de Maribel Longueira que inspiraron os versos.
rag-cuberta-papagaio.jpg “O meu obxectivo principal foi crear unha tradución poética que preserve o espírito, o ton e a voz lírica de Villalta, logrando que os poemas funcionen de maneira independente en hindi, respectando ao mesmo tempo a súa esencia orixinal”, explica Vikash Kumar Singh. “Espero que esta tradución anime os lectores indios a coñecer e valorar a figura literaria de Luísa Villalta, especialmente a aqueles interesados nos estudos literarios indo-hispánicos e na teoría da tradución”, engade.
“Vikash Kumar Singh agasállanos con esta tradución dalgúns dos poemas máis significativos da protagonista do Día das Letras Galegas ao terceiro idioma en número de falantes do mundo. Intúo que Luísa Villalta quedaría fascinada coa nova musicalidade das palabras que escribiu para lles dar voz ás mulleres apartadas ás marxes das marxes”, expresa o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, na presentación do volume, editado co apoio da Xunta de Galicia, e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Temas con eco na poesía feminista india
Segundo lembra a RAG, Luísa Villalta deixou escritas dezanove composicións para as instantáneas que Maribel Longueira realizara sobre o derrubamento do Papagaio, o barrio da prostitución da Coruña. O froito daquela colaboración artística e de denuncia da violencia contras as mulleres, e da especulación urbanística, saíu do prelo tras a morte da escritora, no ano 2006. Este testamento literario ilustra dous trazos esenciais da personalidade creadora da autora: “a súa forte dimensión interartística e a aposta polo compromiso social”, apunta a académica María López Sández no limiar da edición bilingüe Poemas escollidos de Papagaio. “Reivindicativa, firme e solidaria, a súa ollada deixa patente a violencia machista e o estigma que sofren as mulleres, baixo os cascallos da cidade ferida que asoma nos versos do poemario. A imbricación que se dá neste libro entre as palabras de Villalta e as imaxes de Longueira conforma un produto semiótico total ao que agora vén sumarse a voz de Vikash, a sonoridade do hindi”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?