Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña adxudica a Pedralonga Estudios a xestión de Coruña Estudio Inmersivo (CEI)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña adxudica a Pedralonga Estudios a xestión de Coruña Estudio Inmersivo (CEI)

S. P.
Publicado: 30/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cei_deputacion_coruna_coruna_estudo_inmersivo.jpgO pleno da Deputación da Coruña aprobou a adxudicación da xestión dos servizos do centro de produción virtual VPXR, Coruña Estudio Inmersivo (CEI) á sociedade Pedralonga Estudios, S.L, constituída neste ano 2024 e participada polo Clúster Audiovisual Galego e por recoñecidas empresas do sector audiovisual, como Portocabo, TEX45 Producións, Vaca Films, Voz Audiovisual, Congo Producciones, Zénit Televisión, Producciones Audiovisuales Sete Media, Undodez, Avendaño Estudio e Centro de Estudios Marcote.
O obxecto do contrato que se asinará con Pedralonga Estudios consiste na xestión e explotación do centro de produción virtual VPxR, promovido pola Deputación da Coruña no marco do proxecto Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA) – Coruña Estudio Inmersivo (CEI), por un período de 20 anos prorrogables por outros 5 años máis, para o que se estableceron as normas, directrices e estilo ás que debe axustarse a actuación do explotador do centro de produción virtual VpxR.
O CEI, que segundo lembra a Deputación “é o maior estudio de produción audiovisual virtual de España” e que entrará en funcionamento a principios de 2025, supón un investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciados entre a Deputación e o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para dotar á Coruña dun plató virtual dotado da tecnoloxía máis innovadora, proporcionada por Telefónica.
A sociedade ten como obxecto social a xestión de instalacións dedicadas á actividade audiovisual e a súa actividade establécese na prestación de servizos audiovisuais. No marco deste contrato, encargarase da xestión e explotación do CEI da Deputación, situado na Cidade das TIC da Coruña.
A institución provincial engadiu que “a adxudicación deste contrato a Pedralonga Estudios garante a correcta posta en marcha da infraestrutura e a súa promoción e e posicionamento no mercado audiovisual nacional e internacional, así como un crecemento sostible e a súa innovación continua a través da súa integración no ecosistema audiovisual e tecnolóxico”.
A empresa adxudicataria ocuparase de “garantir a operatividade e o óptimo funcionamento do CEI, así como da calidade do servizo público prestado”.
Para a Deputación, a sociedade é “unha mostra da fortaleza do sector audiovisual galego e da importancia que ten na nosa provincia como tractor para o desenvolvemento dunha industria en crecemento, con excelentes expectativas na creación de emprego no ámbito provincial”.
O CEI, que contará coa tecnoloxía máis avanzada do mundo en produción audiovisual virtual, pretende “situar a Galicia como unha referencia para as producións da industria audiovisual”.
Este novo escenario virtual, engadiu a Deputación, “posibilitará aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detalladas e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de Realidade Aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?