Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mulleres con discapacidade de Santiago e Lugo formáronse con ACADAR no manexo das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mulleres con discapacidade de Santiago e Lugo formáronse con ACADAR no manexo das TIC

S. P.
Publicado: 30/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cogami_gykfcpdeon-accion-grupal-de-mulleres-de-acadar-no-programa-de-atencion-social-e-asesoramento-especializado.jpgA Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) desenvolveu ao longo deste ano o Programa de Atención Social e Asesoramento Especializado I, unha iniciativa que proporcionou apoio e formación personalizada a 26 mulleres con discapacidade nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo.
Este programa ten como obxectivo principal “mellorar as habilidades sociais, formativas e prelaborais das mulleres participantes, ofrecendo itinerarios adaptados ás súas necesidades específicas para facilitar a súa inserción no mercado laboral”, segundo explicou a confederación COGAMI, na que se integra ACADAR, engadindo que entre as actividades realizadas, destacaron as sesións formativas tanto individuais como en grupo sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), onde as participantes adquiriron competencias clave para a procura de emprego, como o uso do correo electrónico, o certificado dixital, os portais de emprego ou a creación dun currículo vitae profesional.
cogami_xznsedfyrt-usuaria-de-acadar-durante-unha-das-actividades-do-programa-de-manexo-de-tic.jpgAdemais, o programa abordou un tema de gran relevancia: a violencia sexual dixital contra mulleres e nenas con discapacidade. As accións de sensibilización e formación orientáronse a “fomentar o uso responsable e seguro das TIC, capacitando ás mulleres para unha convivencia dixital respectuosa e libre de riscos”.
A realización deste servizo foi unha realidade grazas á colaboración cidadá mediante a marcación da X Solidaria (recadro 106 de fins sociais) na declaración da renda, impostos que xestiona a Xunta de Galicia e destinados a financiar proxectos como este. A través deste apoio, iniciativas que promoven a inclusión laboral e o apoderamento de mulleres con discapacidade poden seguir traballando en prol dunha sociedade máis xusta e inclusiva.
Desde a súa fundación en 2009, ACADAR mantén o compromiso de promover, coordinar e reivindicar os dereitos das mulleres e nenas con discapacidade, fomentando a súa plena inclusión en todos os ámbitos sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?