Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O EIBG adxudicou a Altia un contrato para o desenvolvemento do seu Portal de Clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O EIBG adxudicou a Altia un contrato para o desenvolvemento do seu Portal de Clientes

S. P.
Publicado: 02/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ebigroup.jpgA empresa galega Altia European Services, con sede en Oleiros, asinou na recta final de 2024 un contrato co European Investment Bank Group (EIBG, composto principalmente polo EIB e o EIF) para desenvolver un Portal de Clientes do Grupo (PCG) común e integrado e, desta forma, ofrecer unha solución dixital para as interaccións e servizos con clientes, intermediarios financeiros, mandatarios e socios do EIBG. A duración do contrato esténdese ata finais de 2025.
En palabras de Altia, “o contrato permitiranos mobilizar a nosa experiencia na xestión de proxectos para institucións públicas europeas e incorporar varios equipos nas diferentes etapas do proxecto, incluídas tarefas como a a análise, a definición do percorrido do usuario, o deseño e a implementación final do portal utilizando a plataforma de desenvolvemento low-code OutSystems”.
O Banco Europeo de Investimentos (BEI) é a institución de préstamos a longo prazo da Unión Europea, propiedade dos seus Estados membro. Financia investimentos sólidos que poden contribuír á política da UE.
Como parte do BEI, o Fondo Europeo de Investimentos (FEI) apoia as pequenas e medianas empresas (PEME) europeas facilitándolles un mellor acceso ao financiamento en forma de instrumentos de financiamento de débeda e investimentos de capital, que se despregan a través dos seus intermediarios financeiros en toda Europa.
Altia lembra que ambas as institucións teñen a súa sede en Luxemburgo, pero contan cun alcance europeo/global segundo as súas prioridades e proxectos de financiamento.
O BEI identificou a posta en marcha do seu Portal de Clientes como un piar clave da súa estratexia de transformación dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?