Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ceden ao Arquivo Sonoro de Galicia a Fonoteca Escolas Proval
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ceden ao Arquivo Sonoro de Galicia a Fonoteca Escolas Proval

S. P.
Publicado: 03/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250103_rodolfodacunha_pedrodacunha_alba_dacunha_mariapilarpiay_rosario_alvarez_alejo_amoedo_tereixaotero_xaviergroba_cesion-fondosescolas-proval4.jpgA presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e a directora do IES Escolas Proval, María Pilar Piay Pombo, asinaron este venres 3 de xaneiro o acordo da cesión deste centro ao Arquivo Sonoro de Galicia, centro dependente do CCG, da Fonoteca Escolas Proval.
“Agradecemos esta cesión que ten un gran valor filolóxico, histórico e musicolóxico” apuntou a presidenta do CCG.
Pola súa banda, a directora do IES Escolas Proval, destacou que se trata “dun acto de homenaxe aos profesores María Xosé González Chamorro e Bieito Legaspi que promoveron desde as súas aulas este traballo de recollida oral“.
O material cedido está composto de 320 rexistros realizados por preto de 500 escolares deste centro entre 1989 e 2004. O material deposítase no Arquivo Sonoro de Galicia para a súa custodia e posterior dixitalización.
O fondo Fonoteca Escolas Proval está composto por 320 rexistros, dos que 211 son traballos escritos e 233 rexistros sonoros no que participaron preto de 500 estudantes e outros tantos informantes. Segundo explicou o CCG, a fonoteca “destaca pola variada, numerosa e singular colección de temas reunidos relacionados cos usos e costumes populares e dos moitos xéneros propios da literatura e da música de tradición oral rexistrados: lendas, refráns, adiviñas, romances, arrolos, bailables… e inclúe tamén abundantes e interesantes testemuñas sobre a vida cotiá neste territorio durante o século XX.
O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) foi creado polo Consello da Cultura Galega e está dispoñible na Rede. Trátase dun repositorio en liña que ten como propósito a recuperación do patrimonio sonoro galego e xorde coa pretensión de se converter no eixe aglutinador en Galicia das distintas iniciativas públicas e privadas que traballan con este mesmo afán: salvagardar o noso patrimonio sonoro cara á construción dunha identidade presente e futura.
A totalidade dos fondos documentais do Arquivo Sonoro de Galicia están dispoñibles para investigadores e estudosos do noso patrimonio sonoro.
O ASG leva a cabo, regularmente, actividades e xornadas destinadas a difundir distintos aspectos relacionados co patrimonio sonoro, como as cinco edicións do Encontro O Son da Memoria, cada unha delas adicada a un tema (tradición oral, música na emigración, música tradicional, arquivos sonoros e propiedade intelectual e metodoloxías de arquivo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?