Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova liña de axudas para startups con 1,5 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova liña de axudas para startups con 1,5 millóns de euros

S. P.
Publicado: 07/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

startups.jpgA Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocará a mediados deste mes de xaneiro a liña de axudas específica para novas empresas innovadoras (startups) que, por segundo ano, volverá contar cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
En palabras do IGAPE, trátase “dunha liña de apoios que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano para impulsar iniciativas empresariais emerxentes de carácter innovador e tecnolóxico”. As axudas, por concorrencia non competitiva, oscilan entre os 10.000 e os 20.000 euros e cobren o cen por cento dos gastos ou investimentos necesarios durante a fase de lanzamento ou consolidación do proxecto.
En Galicia hai actualmente 311 startups, que xeran 2.662 empregos e suman unha facturación conxunta de máis de 241,2 millóns de euros. Concéntranse, na súa maioría, nas cidades de Vigo (54), A Coruña (49), Santiago de Compostela (38), Lugo (23), Nigrán (22), Pontevedra (19) e Oleiros (A Coruña) (12). Por sectores, a maior parte delas pertencen aos ámbitos biotecnolóxico, agroalimentario, ao da saúde, a analítica software, o turismo, o comercio en liña ou enerxía, entre outros.
A Xunta lembra que coa liña de axudas que se vai convocar en datas vindeiras, as startups galegas teñen á súa disposición a rede de aceleradoras da Xunta que coordina o IGAPE. Dela forman parte a BFAuto, especializada no sector da automoción; a BFAero, no aeroespacial; a BFFood, no sector da alimentación; Climatech, no eido ambiental; VíaGalicia, que abrangue o ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o sector agroalimentario ou o téxtil, en colaboración co Consorcio da Zona Franca (Vigo e Lugo); e outras iniciativas como a BFMedicines, Agrobiotech, Bioincubatech, Galicia Avanza ou Turislab.
Este ano, esta rede vai contar cun investimento de 7 millóns de euros e vaise ampliar coa posta en marcha tres novas aceleradoras no eido da saúde e o benestar, a industria do deporte e as enerxías renovables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?