Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant impulsa dous proxectos para mellorar con IA a atención sanitaria e os procesos industriais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant impulsa dous proxectos para mellorar con IA a atención sanitaria e os procesos industriais

S. P.
Publicado: 08/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20241227-gradiant-ace.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant rematou o ano achegándonos detalles de dous proxectos nados ao abeiro da convocatoria Ignicia Proba de Concepto, que impulsa a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación e Ciencia. Trátase de Advanced Cutaneous Evaluator (ACE) e Intelligent Technical Dixital Processing (ItDP), dúas novas spin-offs en incubación que están a desenvolver tecnoloxías disruptivas para mellorar tanto a atención sanitaria como os procesos industriais.
ACE, especializada na avaliación cutánea utilizando Intelixencia Artificial, atópase na fase final de desenvolvemento do seu MVP (siglas de Produto Mínimo Viable) e en pleno proceso de exploración de novas aplicacións en sectores como a atención primaria e as residencias de anciáns, co fin de brindar unha atención médica máis accesible e personalizada. Gradiant fixo saber que ACE iniciou unha procura de investidores en fundacións nacionais e está a piques de presentar os seus avances nas principais feiras internacionais de saúde o próximo ano, como a Feira EWMA e o Congreso GNEAUPP. Cun enfoque no diagnóstico e tratamento de feridas complexas (crónicas…), ACE “busca revolucionar a forma en que se realizan os diagnósticos da pel, ofrecendo solucións máis rápidas e precisas para os pacientes”, explicou o centro tecnolóxico vigués.
Doutra banda, ItDP está a desenvolver unha solución innovadora para a dixitalización de procesos documentais en sectores industriais, de manufactura ou servizos técnicos cun MVP en desenvolvemento que promete transformar a forma en que as empresas xestionan a inxesta, xestión e uso dos datos nos seus procesos clave de departamentos como administración, backoffice, enxeñería, operacións, comercial ou loxística. Actualmente, ItDP atópase en pleno proceso de ampliación da súa base de clientes betatesters, orientados a optimizar a eficiencia operativa en diversas industrias mediante a automatización de procesos e a mellora da xestión de datos, o que lles permitirá ás empresas reducir custos e mellorar a operativa dos seus procesos.
Gradiant engadiu que as iniciativas ACE e itDP atópanse “nun momento crucial do seu desenvolvemento, cun forte enfoque na captación de talento para poder seguir impulsando o seu crecemento”. ACE continúa incorporando profesionais en áreas como IA e desenvolvemento de software, mentres que itDP busca fortalecer o seu equipo con expertos en desenvolvemento tecnolóxico e mercadotecnia dixital. “A expansión dos seus equipos será clave para afrontar os novos desafíos o vindeiro ano e asegurar a consolidación de ambas as solucións no mercado”, sinalou Gradiant, engadindo que os proxectos enmárcanse nun contexto de crecente innovación e transformación dixital, orientados ao uso de tecnoloxías avanzadas como a IA, a aprendizaxe automática e a dixitalización de procesos industriais.
“A través destas iniciativas Gradiant non só está a contribuír ao avance das solucións tecnolóxicas, senón que tamén está a impulsar o crecemento económico e social mediante o fortalecemento da competitividade das empresas e a mellora da calidade de vida dos cidadáns”, sinalaron fontes do centro tecnolóxico galego.
Ambos os proxectos teñen o obxectivo de presentar os seus avances en 2025 e seguir desenvolvendo solucións que poidan ter “un impacto real e duradeiro no ámbito da saúde e a industria”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?