Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 96,5% do colectivo autorial esixe autorización para o uso das súas obras en IA xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 96,5% do colectivo autorial esixe autorización para o uso das súas obras en IA xenerativa

S. P.
Publicado: 09/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

intelixencia-artificial-1200-istock.jpgA intelixencia artificial xenerativa ábrese camiño en todos os eidos, tamén no da creación de obras. Atendendo a isto, vense de realizar unha enquisa no colectivo autorial no Estado español que conclúe que a maioría de profesionais considera imprescindible contar coa súa autorización antes de que as súas obras sexan empregadas para adestrar modelos de IA xenerativa.
Indo ao estudo, promovido durante a segunda quincena de novembro, dicir que foi coordinado por entidades autorais como a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Colegial de Escritores de España (ACE), a Associació de Escriptors en Llengua Catalana (AELC), a Associació Col-legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) e a Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA). A elas sumáronse unha ducia de asociacións de distintas comunidades autónomas, integradas na Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores, que se relacionan no final desta información.
Dicir que a consulta, encamiñada a case 9.000 escritores e tradutores do conxunto do Estado, tiña como obxectivo coñecer a súa postura sobre os posibles usos de obras literarias, científicas e outros contidos protexidos por dereitos de autoría para adestrar modelos de IA en galego, castelán e no resto de linguas oficiais.
Nesta sondaxe participaron máis de 800 escritores e tradutores, amosando un apoio contundente á necesidade dunha autorización previa para o uso de contidos protexidos. Segundo os datos, o 96,5% das persoas enquisadas cre que ningún modelo de IA debería adestrarse con obras literarias, científicas ou de tradución sen o consentimento explícito dos autores. Ademais, o 49,9% rexeita completamente autorizar este tipo de usos, mentres que o 50,1% estaría disposta/o a consideralo, mais unicamente en troco dunha remuneración.
Entre quen se opón a autorizar o uso das súas obras, máis da metade (52,2%) argumenta que a aplicación de modelos de IA xenerativa socava o valor do traballo creativo. Outros motivos inclúen o impacto directo na actividade profesional (13,7%) e a falta de transparencia no uso das obras (12%). Esa falta de transparencia no uso das obras é, de feito, un dos grandes puntos de conflito. Para o 56,2% dos participantes, garantir claridade en como e para que se usan os seus contidos sería clave para considerar unha autorización. Por contra, só o 18,5% considera que o impacto nas vendas dos seus libros é unha barreira importante.
Cando se presenta a posibilidade de compensar economicamente os autores, as cifras propostas por algunhas grandes compañías, como 10 dólares por libro ou 0,001 dólares por palabra, foron rexeitadas de maneira case unánime. Un 65% das persoas enquisadas cre que 10 dólares por libro é unha remuneración inaceptable, mentres que o 68% opina o mesmo sobre os pagamentos de 0,001 dólares por palabra. En termos xerais, os enquisados prefiren sistemas de remuneración baseados no número de palabras (58%) fronte aos baseados en libros completos (31,4%).
Desde a AELG e as demais entidades promotoras, deféndese o principio de Autorización, Remuneración e Transparencia (ART), adoptado polo European Writers’ Council, como marco esencial para calquera uso de obras protexidas. As organizacións lembran que as obras literarias e científicas están amparadas pola Lei de Propiedade Intelectual e as normativas europeas, e calquera uso debe respectar os dereitos dos creadores.
Por último, citar as entidades que participaron no desenvolvemento desta enquisa xunto ás promotoras: Asociación de Escritores de Euskadi- Euskadiko Idazleen Elkartea (AEE-EIE), Asociación Valenciana de Escritores y Críticos Literarios (CLAVE), Asociación de Escritores y Escritoras de Extremadura (AEEX), Asociación Aragonesa de Escritores (AAE), Asociación de Escritores de Castilla La Mancha (AECLM), Asociación Navarra de Escritores- Nafar Idazleen Elkartea (ANE-NIE), Sociedad Cántabra de Escritores (SCE), Nueva Asociación Canaria de Escritores (NACE), Asociación de Escritores y Escritoras de Asturias (AEA), Asociación Riojana de Escritores (ARE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?