Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os coliving de nómades dixitais do proxecto Fixar terán este ano unha 2ª edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os coliving de nómades dixitais do proxecto Fixar terán este ano unha 2ª edición

S. P.
Publicado: 09/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240109conselleirocolivinganceu.jpgA Xunta anunciou que lanzará este ano a 2ª edición do proxecto Fixar, destinado a impulsar o talento emprendedor no rural galego a través da fórmula do coliving. Así o fixo saber o conselleiro de Emprego, este xoves 9 de xaneiro, no transcurso dunha visita aos espazos de traballo innovador de Ponte Caldelas (Anceu) e Laxe (iSlow).
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o Executivo galego está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende.
José González puxo en valor que “tralo éxito da iniciativa piloto”, desenvolvida en 2024 e na que participaron 60 emprendedores, “o Goberno autonómico botará a andar unha nova edición do programa este ano”. Como novidade, profundarase en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal e avanzarase no aproveitamento de sinerxías locais e coa propia Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas
Visitas
20240109conselleirocolivinislow.jpg Como dixemos, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou os espazos coliving de Anceu, situado no concello pontevedrés de Ponte Caldelas (en cuxa visita tamén participou o alcalde do municipio, Andrés Díaz), e iSlow, ubicado no municipio de Laxe (A Coruña) e á que asistiu, pola súa banda, o rexedor do devandito concello, Francisco Charlín.
José González destacou que o modelo dos colivings está demostrando ser unha fórmula de éxito tanto para reter como para atraer emprendedores á nosa Comunidade, que atopan no rural e na Galicia non urbana un lugar idóneo para desenvolver o seu proxecto laboral e de vida, impactando nas súas contornas e impulsando así as vilas e comarcas.
20240109conselleirocolivinislow_2.jpg Proxecto Fixar
A través do proxecto Fixar, o Executivo autonómico busca “reter e atraer o talento de emprendedores e novos perfís profesionais co obxectivo de que atopen no rural unha oportunidade para convivir e traballar”, así como para seguir creando sinerxías que revertan finalmente en beneficios para toda a Comunidade e para o territorio no que se asentan, aproveitando as posibilidades que hoxe ofrecen as tecnoloxías e a mobilidade laboral.
Neste marco, en 2024 desenvolveuse o piloto da iniciativa, a primeira actuación destas características promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving rural de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito.
Ao abeiro deste convenio, participaron un total de 60 persoas emprendedoras de diferentes perfís (emprendedores sociais, ilustradores, deseñadores, programadores, artistas…) que tiveron a oportunidade de realizar diferentes estadías nos coliving de Sende, Anceu e Islow. Ademais, recibiron orientación e formación en áreas como a xestión de proxectos, estratexias de emprendemento e networking e ferramentas para desenvolver os seus negocios e iniciativas desde a contorna rural. Isto permitiulles captar novos clientes, ampliar as súas redes de contactos e mellorar a súa estratexia empresarial. Así mesmo, a iniciativa permitiu consolidar unha comunidade activa que segue medrando tanto de xeito online como a través de eventos presenciais, coa celebración das denominadas Xuntanzas Fixar. Asemade creouse un mapa para identificar e estudar os proxectos participantes, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de investigación e conexión de oportunidades no territorio ao abeiro dos mesmos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?