Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boa parte das axudas do IGAPE para autónomos e pemes (173 millóns) destinaranse a impulsar a súa transformación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boa parte das axudas do IGAPE para autónomos e pemes (173 millóns) destinaranse a impulsar a súa transformación TIC

S. P.
Publicado: 10/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250110_lorenzanarpigape2.jpgA conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta convocará na primeira quincena de xaneiro a maior parte das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) para pemes e persoas autónomas, co obxectivo de “facilitarlles que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer os apoios públicos dos que van dispoñer”. Boa parte destas axudas irán destinadas a permitirlles dar relevantes avances en transformación TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
Segundo indicou, son un total de 15 liñas de axuda que suman 172,6 millóns de euros que sairán publicadas nos Diarios Oficiais de Galicia (DOG) dos vindeiros días 13 e 14 de xaneiro, que van ser sobre todo de carácter económico. Beneficiaranse delas milleiros de empresas galegas, que poderán solicitalas este mesmo mes.
En concreto, as liñas que sairán publicadas proximamente divídense en tres bloques. Por un lado, as relativas a financiamento, que suman 110 millóns de euros. Son as de acceso ao crédito (19 millóns de euros); os préstamos directos (50 millóns de euros); os préstamos para grandes empresas (37 millóns de euros); e as novacións das débedas de IGAPE (4 millóns de euros).
No bloque de competitividade, que ascende a 47,3 millóns de euros, destacan, por importe, as axudas para a atracción de empresas (12 millóns de euros); convocarase tamén a segunda edición dos apoios a startups (1,5 millóns de euros); os de obradoiros multidisciplinares para pemes (1 millóns de euros); para equipamento e investimentos xerais (10 millóns de euros); transformación dixital (3 millóns de euros); os apoios aos clústeres (3 millóns de euros); o programa ReAcciona (2,8 millóns de euros); e a liña para os provedores da automoción (14 millóns de euros).
No que respecta ao eido da innovación, que suma 15,2 millóns de euros, sairán publicadas nos vindeiros días o novo Ticket Innova (1 millóns de euros), a liña para a implantación da Intelixencia Artificial IA360 nas pemes (10,2 millóns de euros), que se convoca como novidade por primeira vez, e o IGAPE Innova (4 millóns de euros).
De todo este montante de 172,6 millóns de euros, un total de 83,5 millóns de euros proceden de fondos propios (case o 50%) e os restantes son Fondos FEDER, procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Fondo de Transición Xusta. A isto hai que sumarlle as axudas para internacionalización, que serán convocadas no primeiro trimestre do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?