Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En febreiro volven as JAI con catro mesas redondas e medio cento de relatorios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En febreiro volven as JAI con catro mesas redondas e medio cento de relatorios

S. P.
Publicado: 16/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

jai-2024-1536x864.jpgRegresan este mes de febreiro os históricos encontros JAI (Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial) da UVigo tras dúas décadas unindo o mundo profesional e o universitario arredor das tecnoloxías industriais máis avanzadas, a robótica e da Intelixencia Artificial. A décima edición destes encontros celebrarase do 10 ao 14 de febreiro, novamente na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo e unha vez máis impulsadas por Ignacio Armesto, profesor da Área de Enxeñaría de Sistemas Automática da UVigo.
A cita reunirá profesionais, investigadores e estudantes de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa, do resto da Península e doutros países europeos e contará na súa axenda cun variado e completo programa de mesas redondas, charlas e demostracións, que se poden consultar na web das JAI.
A listaxe de mesas redondas está formada por Transformación da industria. Novos modelos produtivos (o luns 10 de febreiro, moderada por José Luis Casal, de CIONET); Robótica, Automatización e Intelixencia Artificial: claves do futuro 5.0 (o martes 11 de febreiro e organizada por AER Automation, contando con profesionais expertos das compañías BitMetrics, Pilz, Tecnalia, Bosch-Rexroth, Festo e Kuka); Ciberseguridade industrial (o mércores 12 de febreiro, organizada por ISA España e reunindo a expertos de Ree, Govertis, FINSA e Stellantis); e Investigación en robótica (o xoves 13, organizada por HispaRob, contando con docentes e investigadores das universidades Carlos III de Madrid, Stanford, Sevilla e Naples Federico II).
jornadas_jai22-139.jpgAdemais, as JAI contarán no seu programa con medio cento de relatorios de expertos de empresas sobranceiras no eido da automatización, a robótica e a Intelixencia Artificial industrial, abordando cuestións como a IA, a Industria 4.0, a dixitalización, a robótica colaborativa e sensitiva, os xemelgos dixitais, a Internet das Cousas, o mantemento preditivo, a sustentabilidade ou a protección tecnolóxica (ciberseguridade).
Os relatorios serán achegados por profesionais de empresas e entidades como a Fundación Diego González Rivas, OPC, Russula, CTAG, LogicMelt, Endress+Hauser, Innomotics, Kivnon, Sick, Kuka, Omron, Robotnik, Becolve, Siemens, Inprotech, Weidmüller, AER, Rittal/ePlan, IFM, Rexroth, Schunk, Binarial, Infranor, Weg, Beckhoff, Pilz, ISA, Bonfiglioli, Festo, Banner Engineering, Murr Elektronik, MIR, Phoenix Contact, Tecdesoft, RobotPlus, HispaRob, Cognex, ESET, Harting, Nozomi, Leuze, AuthUSB e IEEE Robotics & Automation Society.
A axenda inclúe tamén unha mostra ou sala de demostracións de sistemas onde as persoas asistentes poderán interactuar coas propostas de automatización máis revolucionarias e mergullarse en casos reais da súa aplicación.
As persoas interesadas en acudir ás xornadas poden inscribirse nas mesmas antes do 31 de xaneiro a través da web das JAI.
Dende 2004
As JAI comezaron a súa andaina no ano 2004. Nadas a xeito de foro de reunión de empresas do sector co alumnado e co profesorado, estas xornadas teñen a vontade de dar a coñecer as últimas tendencias e novidades nos ámbitos da automatización, dixitalización e robotización industrial. Fano a través de mesas redondas e relatorios, principalmente. Ademais, as JAI contan cunha zona expositiva, con demostradores dalgunhas das tecnoloxías presentadas no evento, nos primeiros anos (principalmente) autómatas programables, sistemas de control distribuído ou robots industriais e, agora, cunha presenza cada vez maior de Intelixencias Artificiais, tecnoloxías de Aprendizaxe Profunda e Internet das Cousas ou contribucións á Realidade Virtual e Aumentada, sen esquecer novidades en xemelgos dixitais, inspeccións aumentadas, monitoraxe de máquinas, converxencias en redes industriais, rastrexabilidades intelixentes, tecnoloxías de visión 3D ou intraloxísticas automatizadas, temas todos eles abordados nas máis recentes edicións das JAI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?