Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telecomunicacións entregou cadanseu premio de 2.000 euros aos 3 mellores expedientes de acceso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telecomunicacións entregou cadanseu premio de 2.000 euros aos 3 mellores expedientes de acceso

S. P.
Publicado: 17/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

telecomunicacions_uvigo_talento_estudantes_tele1.jpgForon tres dos mellores expedientes de Galicia na ABAU 2024, os tres con notas superiores ao 13, e os tres elixiron estudar o Grao en Enxeñaría de Telecomunicación na súa modalidade en inglés na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Andrea Rodríguez, Jorge López e Lucía Castrillo recibiron este venres 17 de xaneiro os premios aos mellores expedientes de entrada nesta escola dotados con 2000 euros, contías achegas por tres das empresas que forman parte da rede de compañías ConexionTeleco: Borgwarner, Technica Engineering e a Cátedra R en Ciberseguridade.
A entrega dos galardóns coincidiu coincidir coa presentación da III Olimpíada Nacional Teleco, Teleco Games, unha iniciativa dirixida a espertar vocacións entre o alumnado preuniversitario e que este ano traerá á escola viguesa a 265 alumnas e alumnos de toda Galicia.
Logo dunha breve intervención por parte dos representantes das empresas, na que felicitaron ás e aos premiados polo seu talento e esforzo e os animaron a seguir traballando cara un futuro prometedor, cada un dos galardoados foi recollendo os seus diplomas. A primeira en facelo foi Andrea Rodríguez, que recolleu o premio de mans de Telmo Calle, director do Centro Técnico Español para Electrónica de BorgWarner; a continuación, Jorge López recibiu o galardón da man de David Román, office manager en Technica Engineering Spain e, por último, fíxoo Lucía Ramos, gañadora do premio Cátedra R en Ciberseguridade, entregado por Alfredo Ramos, director territorial en Galicia de R.
telecomunicacions_premios_uvigo_tele3.jpgUnha vez recollidos os premios, os tres tiveron que regresar ás aulas para continuar cunha xornada de exames moi importante para o alumnado do primeiro de grao de Tecnoloxías de Telecomunicación. Mentres, o alumando dos institutos que vai participar na final da Olimpíadas comezou unha visita guiadas polas instalacións da escola.
Antes da entrega destas distincións, o salón de actos do centro acolleu a recepción ao alumnado e profesorado que vai participar na final da III Olimpíada Nacional de Teleco, Teleco Games. Esta competición celébrase de xeito simultáneo en máis de 20 escolas de enxeñaría de toda España coa colaboración do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación. A final será o vindeiro mes de abril e na fase viguesa competirán 265 estudantes de 23 institutos de ensino medio divididos en 56 equipos.
Entre as principais novidades desta terceira edición, destaca a posta en marcha dunha nova categoría: 1º-2º de ESO, coa que se busca “motivar as vocacións entre o alumnado máis novo, xa que nunca é cedo de abondo para que experimenten coas tecnoloxías de comunicación”, apuntou Díaz. Amplíase así o abano de idades, que incluía xa o alumnado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato e Formación Profesional.
Nesta 3º edición das olimpíadas os equipos terán que crear un prototipo usando calquera placa compatible co IDE de Arduino, que achegue unha solución dentro do ODS 7 (Enerxía alcanzable e non contaminante) utilizando algún tipo de comunicación (Wi-Fi, Bluetooth, etc.). Ao igual que os premios aos mellores expedientes, as olimpíadas contan tamén coa colaboración das empresas da rede ConexiónTeleco, neste caso, BorgWarner, Indra, Grupo Oesía e Televés. Ademais dos premios, 1300 euros en cada categoría, estas firmas contribúen tamén a facilitarlles aos institutos de orixe os kits de desenvolvemento para os proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?