A empresa tecnolóxica Bahía Software, con sede no Polígono de Novo Milladoiro (Ames), vén de selar unha alianza estratéxica con NextGen Healthcare que representa, en palabras da firma galega, “un paso importante na mellora da interoperabilidade e a xestión eficiente da información médica no sector da saúde”.
Sinalan que unha das claves desta alianza estaría na ampla experiencia de Bahía Software no desenvolvemento de servizos e solucións tecnolóxicas de vangarda para imaxe médica, oncoloxía, oftalmoloxía e quirófano, o que permitiu á empresa emprazarase como un socio referente para promover e brindar servizos de Mirth Connect nos mercados clave de atención médica onde xa está presente pola súa relación con compañías como Quirónsalud, Affidea e Grifols.
Mirth Connect, a plataforma de integración e mensaxería de saúde de NextGen Healthcare, facilita o intercambio seguro de datos de saúde entre sistemas e aplicacións. Achégase como unha ferramenta flexible e adaptable a cambios e evolucións e, tamén, como unha solución integral para a interoperabilidade en contornas clínicas e administrativos complexos empregando os estándares de referencia HL7 e FHIR, entre outros.
“A través desta asociación, desde Bahía Software reforzamos a nosa oferta servizos de consultoría, implementación, personalización e soporte técnico para Mirth Connect con máis de 15 anos de traxectoria, axudando ás organizacións de atención médica así como a provedores de software e dispositivos médicos a aproveitar ao máximo esta potente ferramenta de interoperabilidade”, sinalan dende a empresa galega.
Bahía Software avanza na mellora de procesos sanitarios mediante unha alianza con NextGen Healthcare
Compartir Este Artigo

