Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A APTE elixe a dúas empresas galegas da Tecnópole entre as 100 mellores de 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A APTE elixe a dúas empresas galegas da Tecnópole entre as 100 mellores de 2024

S. P.
Publicado: 20/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coinscrap-2.jpgProxectos innovadores en ámbitos punteiros é o que valorou a Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE) nunha listaxe que vén de elaborar para elixir ás 100 mellores startups do ano 2024 situadas nos seus 51 parques científicos e tecnolóxicos, presentes en 15 comunidades autónomas españolas. Nesta nova queremos dar conta das dúas empresas galegas que se atopan nesa listaxe, situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), estamos a falar de: Coinscrap Finance e Madera Plus.
Coinscrap Finance desenvolve ferramentas de microaforro baseadas na Intelixencia Artificial. Trátase dunha fintech, é dicir, unha empresa que achega servizos financeiros a través de medios dixitais e o uso da tecnoloxía. Con vontade de axudar á poboación a mellorar a súa capacidade de aforro sen esforzo a través de apps de microaforro e, desde a súa creación, xa desenvolveron diversas ferramentas innovadoras para a industria financeira. Nesta liña, apoia aos principais bancos e compañías de seguros europeas na ampliación da súa proposta de valor ás xeracións de clientes máis novos mediante a personalización da súa experiencia dixital e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados en datos. Esta plataforma de saúde financeira emprega a Intelixencia Artificial baseándose na economía do comportamento. Así, para o Banco Santander desenvolveu unha hucha
intelixente que axuda aos usuarios a aforrar a través de regras totalmente configurables (redondeo, porcentaxe de ingresos, …) o que permite realizar achegas periódicas para cumprir obxectivos e metas. Con esta ferramenta de microaforro creáronse 100.000 huchas de aforro, o que se traduce en 161 millóns de euros aforrados en menos de dez meses. Na actualidade a empresa conta con máis de 30 empregados directos, dos cales 13 son mulleres. En Latinoamérica xa están presentes en México e buscan expandirse a Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Perú, Puerto Rico e Uruguai.
merlo_1615798230288.jpg En canto a Madera Plus Calidad Forestal, é unha empresa que proporciona solucións dixitais para optimizar os recursos ambientais e madeirables do monte. Cuantifica as absorcións de dióxido de carbono e emprega algoritmos para avaliar a calidade tecnolóxica da madeira para o seu uso estrutural, realizando tanto medicións indirectas sobre as árbores como sobre a madeira cortada.
A empresa caracteriza a calidade da madeira desde a árbore en pé e a madeira en rolo segundo o seu rendemento final na industria. Para iso empregan diferentes tecnoloxías non destrutivas e achegan diferenciación por calidade tecnolóxica, pegada social e pegada de CO2 á madeira que certifican. Así, benefícianse todos os actores da cadea porque o propietario obtén un maior prezo pola venda da madeira certificada, os rematantes diferéncianse ofertando unha madeira de calidade e recoñecida polo mercado, e, por último, a industria consegue un maior rendemento no procesado de madeira e inclúen no seu produto o balance da pegada de carbono e da pegada social.
Volvendo á APTE, o obxectivo que persegue con esta listaxe é recoñecer ás 100 startups máis salientables dos parques científicos e tecnolóxicos españois e poñer de relevo a calidade e capacidade emprendedora que se desenvolve nestas contornas, así como facilitar o coñecemento
destas empresas a posibles entidades investidoras interesadas en proxectos de alto crecemento. Nesta liña, estas startups terán un protagonismo especial durante a vindeira edición do Foro Transfiere (o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia de coñecemento, que conecta a todo o sistema español de innovación e impulsa a súa proxección internacional) que terá lugar en Málaga no mes de marzo e onde as firmas poderán manter reunións con potenciais clientes e investidores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?