Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis do 40% dos clientes dixitais de Abanca xa validan pagos e transaccións co seu servizo Chave
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis do 40% dos clientes dixitais de Abanca xa validan pagos e transaccións co seu servizo Chave

S. P.
Publicado: 20/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

chave_abanca.jpgAbanca vén de facer balance do nivel de implantación do seu servizo Chave, cada vez máis presente no día a día dos seus clientes. Segundo fixo saber a entidade financeira galega, máis do 40% dos seus usuarios dixitais xa validan os pagos e outras transaccións importantes na súa banca móbil sen utilizar contrasinais grazas ao servizo.
Abanca salienta que entre as vantaxes do sistema atópase a seguridade dixital que pon en xogo fronte a tentativas fraudulentas de suplantación, “xa que permite aos usuarios verificar a súa identidade facilmente e de forma segura, sen necesidade de comprometer as súas claves persoais de banca a distancia nin de confirmar a través de contrasinais dun só uso por SMS”.
Chave ABANCA utiliza a avanzada tecnoloxía criptográfica de chaves de acceso (tamén coñecida como Passkey, en inglés), unha medida de seguridade para a identificación dixital dos usuarios que segundo lembra a entidade galega “está abandeirada polos principais operadores tecnolóxicos”.
A entidade tamén lembra que foi a primeira banca do ámbito estatal e unha das primeiras de Europa en incorporar este sistema na súa banca móbil para achegar aos clientes un compoñente adicional de seguridade nas súas operacións dixitais. “Esta protección extra, unida á rápida activación do servizo na aplicación móbil e á súa facilidade de uso, foron determinantes para conseguir que catro de cada dez usuarios xa utilicen este servizo para verificar os seus pagos e envíos de diñeiro desde a súa banca móbil”, sinálase no balance, no que se engade que Chave ABANCA está dispoñible na app de banca móbil da entidade.
Para empregar o sistema, o usuario pode configurar o servizo como ferramenta de autenticación para todas as operacións importantes (envíos de diñeiro mediante transferencias, Bizum ou a través de caixeiros; creación de tarxetas virtuais, consulta do CVV da tarxeta…) ou só para momentos puntuais. Unha vez activada, a chave de acceso validará as operacións bancarias “de forma sinxela, áxil e segura”. De feito, o cliente só terá que confirmar a súa identidade mediante a súa pegada dactilar ou recoñecemento facial. “O sistema garante a privacidade dos datos biométricos do cliente, xa que estes están gardados no seu teléfono móbil e unicamente el ten acceso aos mesmos”, salienta Abanca, que recomenda a todos os seus clientes dixitais a activación “deste innovador servizo como alternativa máis rápida e segura que o dobre factor de autenticación mediante códigos únicos”.
Chave Abanca baséase na tecnoloxía de claves de cifrado, un estándar de autenticación creado polo Consorcio World Wide Web e a Alianza FIDO (Fast IDentity Online), que promoveron e incorporaron algunhas das compañías tecnolóxicas líderes no mundo, como Apple, Google, Microsoft, Samsung, Amazon, Visa e Mastercard, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?