Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo impulsa unha plataforma dixital europea para formar ás novas xeracións na loita contra os lumes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo impulsa unha plataforma dixital europea para formar ás novas xeracións na loita contra os lumes

S. P.
Publicado: 20/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_lumes_incendios_proxecto5g_1.jpgO Campus de Ourense acolle esta semana a xornada de lanzamento do proxecto europeo 5G: Stop Forest Fire For 5Green. Coordinado desde a Universidade de Vigo, o seu obxectivo é crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental na que se amosará a conexión entre o cambio climático e os incendios forestais e porase de relevo a riqueza dos ecosistemas forestais e o seu impacto ambiental.
O proxecto arrancou oficialmente o pasado mes de setembro e prolongarase ata febreiro de 2027. Nel participan, ademais da UVigo, GBA UG (Alemaña); Eno Schoolnet ry (Finlandia); 1st Geniko Lykeio Pallinis “Pierre de Coubertin” (Grecia); Università Degli Studi di Padova (Italia) e Yavuz Selim Ortaokulu e Dunyayi Yasatma Dernegi (Turquía). Está financiado con 250.000 euros polo programa Erasmus+ no marco da convocatoria Cooperation partnerships in school education (KA220-SCH).
proxecto5g_2.jpgA xornada de benvida aos socios celebrouse este luns 20 de xaneiro na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Segundo se fixo saber, a UVigo lidera este proxecto da man de David Fernández Calviño, profesor e investigador da Facultade de Ciencias do Campus e director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación desta institución académica. Co seu equipo asume tarefas de coordinación xeral, comunicación entre socios, seguimento do plan de xestión e do orzamento e elaboración de módulos formativos para a plataforma dixital 5Green. “Os traballos clave inclúen a xestión do proxecto, a análise dos impactos ambientais e climáticos nos incendios, a alfabetización en ecosistemas forestais e a avaliación e difusión dos resultados”, sinalan desde a organización.
Os socios da iniciativa desenvolverán a través de catro paquetes de traballo unha plataforma dixital 5G, especialmente pensada para rapazas e rapaces, con módulos educativos, un xogo virtual, un folleto dixital sobre alfabetización ambiental e un mapa dixital que amosará as características dos espazos forestais e as causas e consecuencias dos incendios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?