Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía oferta 16 cursos gratuítos de alfabetización e inclusión dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía oferta 16 cursos gratuítos de alfabetización e inclusión dixital

S. P.
Publicado: 21/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

capacitacion_dixital_vilagarcia.jpgA Concellería de Promoción Económica e Emprego de Vilagarcía puxo en marcha una nova edición do programa de Inclusión e Capacitación Dixital dirixido a maiores de idade residentes no concello arousán. Ten por intención dotalos dos coñecementos necesarios para o uso de ferramentas tecnolóxicas. Os usuarios poderán escoller entre unha oferta formativa composta por 16 cursos, que van dende iniciación á informática ata módulos para profesionais.
A inscrición realizarase a través da sede electrónica do concello ou presencialmente no Centro de Formación de Matosinhos, que será onde se impartan os temarios entre febreiro e decembro do 2025, en función da demanda. Cada usuario poderá anotarse a máis dunha disciplina, ordenándoas por prioridade. Os cursos están divididos en bloques e teñen unha duración máxima de 30 horas.
O primeiro dos bloques titúlase Inclusión Dixital e está orientado a usuarios que descoñecen a materia e desexan adquirir coñecementos básicos. Neste apartado haberá un curso sobre aplicacións de ciberseguridade para dispositivos; outro para perfeccionar o manexo do correo electrónico e outras aplicacións básicas, ou mesmo preparación de exames oficiais de certificación de competencias dixitais (ComDIX), unha das novidades deste ano.
O segundo dos bloques é Ofimática avanzada. Nel, as persoas inscritas poderán profesionalizar os nosos coñecementos en procesadores de texto, uso de follas de cálculo, elaboración de presentacións é tamén manexo de bases de datos.
O terceiro módulo recibe o nome de Capacitación avanzada de ferramentas TIC e inclúe un curso de retoque fotográfico e creación de logos. Por outra banda, tamén se inclúe un innovador curso de introdución ao deseño e impresión 3D con clases prácticas.
“Seguimos mellorando a oferta formativa do Concello cunha nova edición deste programa que vai cumprindo coas demandas e intereses dos veciños”, explicou o concelleiro de Emprego, Álvaro Carou, engadindo que “impartiranse seis novos cursos salientando os orientados ao manexo da sede electrónica do Concello, así como á obtención de certificados dixitais, como a Chave 365 ou a sinatura electrónica, uns trámites que resultan complexos para os usuarios”, engadiu. Así, os alumnos poderán levar a clase o seu propio portátil para que os profesores lle axuden coa configuración.
Tamén se impartirá un curso de redes sociais e procura de emprego na Rede, no que mostrarase como crear ou perfeccionar un currículo. Finalmente, outra novidade desta edición é que impartiranse píldoras formativas de menos horas de duración, coma por exemplo, unha charla sobre Intelixencia Artificial co ChatGPT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?