O mércores 29 de xaneiro a Cámara de Santiago vai organizar unha nova xornada de transformación empresarial para pemes e persoas autónomas. Trátase do seminario en liña Coñece as ferramentas de IA para a xestión de redes sociais, encadrado nas iniciativas do Kit Dixital e a Oficina Acelera Peme da entidade cameral e Red.es. A cita será a partir das 10.00 horas.
Indo ao miolo da sesión, incluirá unha introdución á IA nas redes sociais (beneficios e limitacións) e como crear contidos botando man desta ferramenta. Tamén se achegarán casos concretos deste tipo de prácticas e informarase sobre ética e boas prácticas no uso de IA (privacidade, dereitos de autor e rumbos algorítmicos; consellos para un uso responsable de ferramentas de IA, etc).
Os relatores serán Juan José Manso Carballo (fundador de GFM-Ideas, unha consultora orientada á automatización e transformación dixital para pemes, onde actualmente asesora en desenvolvemento de negocio e estratexias innovadoras) e Rubén Beiroa (enxeñeiro en Electrónica e Automática Industrial, CEO De Train On Tech e co-fundador de Everlatic, ademais de formador e integrador de solucións IoT e coordinador do Nodo 5G de Galicia).
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
A Cámara de Santiago organiza unha xornada sobre ferramentas IA para redes sociais
Compartir Este Artigo

