Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG celebra o Día da Protección de Datos avogando pola educación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG celebra o Día da Protección de Datos avogando pola educación dixital

S. P.
Publicado: 23/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG
Fernando Suárez, presidente do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra o 28 de xaneiro (data proclamada pola Comisión Europea, o Consello de Europa e as autoridades de Protección de Datos dos estados membros da Unión Europea), pon de manifesto a necesidade de que a sociedade estea informada e concienciada sobre os perigos aos que están expostos os usuarios de Internet.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, subliñou a necesidade urxente de reforzar a educación dixital e a implementación de medidas adaptativas de ciberseguridade. “O avance da Intelixencia Artificial Xenerativa e as tecnoloxías descentralizadas están xerando un entorno onde a privacidade dos datos e a seguridade da identidade dixital son máis vulnerables que nunca”, destacou, lembrando que “o uso da IAX non só permitiu crear ataques de phishing máis convincentes, senón tamén facilitou a automatización da recompilación de datos, aumentando a eficacia dos ataques dirixidos”. Ademais, o presidente colexial indicou que as tecnoloxías descentralizadas, como as que sustentan o metaverso e a Web3, presentan novos riscos, ao permitir transaccións e experiencias virtuais que carecen de regulacións claras sobre a protección de datos persoais.
Fernando Suárez tamén resalta a importancia de estar ao día cos avances normativos, como a Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea. Esta normativa obriga ás organizacións a garantir a privacidade e a seguridade desde o deseño dos seus sistemas, o que formula retos e oportunidades para todos os sectores.
Impacto na poboación: máis alá dos colectivos vulnerables
Aínda que tradicionalmente enfócase en nenos e persoas maiores, o CPEIG advirte que “o segmento de idade entre 30 e 55 años é agora un obxectivo frecuente debido ao seu perfil de usuario habitual de tecnoloxías como redes sociais e comercio electrónico”. A este respecto, Fernando Suárez engade que “a protección de datos non é só un dereito, senón unha responsabilidade compartida que debemos integrar na nosa cultura dixital”.
O dereito á protección de datos é un dereito fundamental amparado no artigo 18.4 da Constitución Española. Así, e de maneira xenérica, o CPEIG ofrece tamén unha serie de ciberconsellos á sociedade para facer un uso seguro da tecnoloxía.
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, considera “de vital importancia” que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Estas recomendacións pretenden axudar a todos os usuarios a crear unha primeira e esencial barreira de protección fronte a ciberameazas, con consellos xerais sobre como evitar riscos cando se empregan as tecnoloxías:
-Non interaccionar con arquivos adxuntos procedentes de correos sospeitosos.
-Manter o sistema operativo actualizado (software, antivirus…) e non descargar aplicacións estrañas.
-Non conectarse a redes públicas e, no seu lugar, empregar unha rede privada virtual (VPN).
-Axustar a privacidade dos perfís en redes sociais.
-Sermos cautos á hora de conectar dispositivos extraibles a un equipo cando proveñen de terceiros.
-Avisar dos incidentes de seguridade.
-Saber que ata os smartphones apagados poden ser rastreados.
-Manter todos os plugins e extensións do navegador actualizados.
-Usar contrasinais complexas e únicas.
-Eliminar documentación sensible dos dispositivos mediante ferramentas de borrado seguro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?