Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC e Navantia mostran os avances do seu Centro Mixto de Investigación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC e Navantia mostran os avances do seu Centro Mixto de Investigación

S. P.
Publicado: 23/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_navantia_centro_mixto_de_investigacion.jpgO Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves 23 de xaneiro unha Xornada Técnica de Traballo do Centro Mixto de Investigación UDC – Navantia (CEMI UDC – Navantia), un evento de difusión no que se analizaron os principais fitos acadados neste último ano e no que tamén se puxo enriba da mesa a posible folla de ruta para este 2025, data na que remata esta experiencia, iniciada en 2022 como herdeira da Unidade Mixta de Investigación (UMI).
O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, e o director do estaleiro de Ferrol, Eduardo Dobarro, inauguraron a xornada técnica, na que se presentaron as liñas de investigación do CEMI UDC – Navantia, agrupadas en tres eidos: o Xemelgo Dixital de Produto, o Xemelgo Dixital de Planta e Proceso e Novos Procesos, orientados todos eles a cubrir as necesidades específicas do estaleiro con tecnoloxías de vangarda.
Ao longo da súa intervención, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, lembrou os obxectivos dun encontro que pretende visibilizar todo o traballo feito e converterse nun espazo no que crear novas sinerxías entre as distintas liñas de investigación, así como planificar o futuro da man de Navantia e en colaboración coa Xunta de Galicia.
Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, puxo en valor o papel das Unidades Mixtas de Investigación desde a súa posta en marcha, subliñando o apoio prestado a 55 unidades nas que participaron 39 empresas e 14 centros de coñecemento mobilizando un investimento total de preto de 155 millóns de euros.
O director do estaleiro de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, valorou a importancia da innovación para competir internacionalmente e a contribución do CEMI ao ecosistema naval da cidade, punteiro a nivel mundial: “Para Navantia, a colaboración coa Universidade é fundamental, un viveiro de coñecemento e de talento para o estaleiro de Ferrol”, sinalou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?