Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal reivindicará o uso do galego con premios para todas as idades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal reivindicará o uso do galego con premios para todas as idades

S. P.
Publicado: 23/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20250123-rag-microrrelatos-01.jpgA Real Academia Galega e PuntoGal anunciaron que van abrir este sábado 1 de febreiro a oitava edición do seu concurso de microrrelatos, que premiará un ano máis as mellores historias de ata 200 palabras escritas por autoras e autores de todas as idades.
Creado co obxectivo de “reforzar a presenza da lingua e da identidade galegas no mundo dixital”, o certame repartirá nove premios, tres en cada categoría: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas (a partir de 18 anos). Ambas as entidades animan especialmente a participar á xente máis nova, que, segundo explicaron, “atópase nunha etapa vital fundamental para afianzar o uso e os afectos cara ao idioma propia do país”. A convocatoria manterase aberta todo o mes de febreiro coincidindo cunha nova campaña que permite rexistrar un dominio .gal durante dous anos por 15 euros máis IVE.
microrrelatos_facebook_1200x630.jpgOs presidentes da Real Academia Galega e de PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, formarán parte do xurado da categoría de persoas adultas canda a académica correspondente Débora Campos, escritora e xornalista arxentina con raíces galegas; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a tamén xornalista e profesora Yolanda Virseda. O xurado que elixirá os contos gañadores das modalidades infantil e xuvenil integrarano a historiadora e académica correspondente Ana Romero Masiá, directora do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; o historiador e tamén correspondente da RAG Xosé María Lema Suárez; a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e integrante da directiva de PuntoGal, Concha Losada; a filóloga Cristina Ríos, membro do equipo técnico de PuntoGal; e o director de Aira Editorial, xornalista, crítico literario e escritor César Lorenzo Gil.
As persoas gañadoras do VIII Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal recibirán distintos premios tecnolóxicos e relacionados coa lectura, segundo se detalla nas bases dispoñibles na páxina web do concurso, relatos.gal. As entidades convocantes difundirán neste espazo e nas súas respectivas webs os textos gañadores, que poderán ademais lerse en papel, xunto aos finalistas, na revista Luzes, que colabora nesta iniciativa dende a primeira edición.
Presentación
20250123-rag-microrrelatos-02.jpg Os presidentes da RAG e PuntoGal presentaron esta mañá a nova edición do concurso en rolda de prensa xunto a Xosé Manuel Pereiro, codirector de Luzes, e Cristina Ríos en representación dos xurados. “Con este concurso, a Academia e PuntoGal convidamos a nenos e nenas, adolescentes e persoas adultas a empregaren o galego como ferramenta creativa coa que ollar e escribir o mundo, expresar desacougos e esperanzas, íntimas e colectivas, de hoxe e de sempre, explorando novas formas de expresión que proxecten o noso idioma en todas as facetas da vida e cara ao futuro”, salienta Víctor F. Freixanes.
Freixanes salientou que entre as persoas gañadoras e finalistas houbo novas voces, de moi curta idade no seu momento, como as de Nee Barros (2002) e Alba Guzmán (2003); debutantes serodios no mundo editorial, como Paloma de Toro (1985) e Carlos Neira Suárez (1950); e tamén nomes como os de Héctor Cajaraville ou Marta Villar, gañadores do Premio Xerais 2015 e 2024, respectivamente.
Sinalou que o concurso da RAG e PuntoGal é en calquera caso unha iniciativa aberta a toda a cidadanía, a persoas de calquera idade, profesión e condición, pero ambas as institucións destacaron “o especial interese que teñen en promover a participación das novas xeracións”.
A oitava edición do concurso de microrrelatos coincidirá no tempo cunha nova campaña de PuntoGal, engadiu o seu presidente, quen recorda que o dominio de Galicia ten como “función fundamental dar visibilidade á súa lingua e a súa cultura no ciberespazo”. Os rexistradores acollidos á promoción, que ofrece dous anos de rexistro por un máximo de 15 euros máis IVE, son Dinahosting, Openprovider, Don Dominio, OVH.com e INWX. As condicións desta promoción poden consultarse en dominio.gal ou dirixíndose directamente ás empresas rexistradoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?