Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo licita por 1,26 millóns de euros a posta en marcha do Xeopadrón nos 67 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo licita por 1,26 millóns de euros a posta en marcha do Xeopadrón nos 67 concellos

S. P.
Publicado: 24/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_240125_xunta_de_goberno-pablo_rivera_capon.jpgA xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres 24 de xaneiro sacar a licitación do contrato por un importe de 1.260.000 euros para poñer en marcha o proxecto Xeopadrón. Así o anunciou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen explicou que este proxecto de “modernización e dixitalización é un paso máis cara o proceso de transformación no que levamos traballando anos desde a Deputación, en colaboración cos concellos”, melloras que van destinadas a optimizar a xestión administrativa e a prestación de servizos públicos.
Rivera Capón indicou que este proxecto que a institución provincial desenvolverá con fondos europeos captados do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ten por obxectivo concreto “mellorar a calidade e a fiabilidade dos datos do padrón facendo posible a súa revisión e depuración a través dun novo sistema de xestión”.
Engadiu que “este sistema posibilitará contrastar os datos do padrón de cada concello sobre os habitantes empadroados e as súas vivendas coas bases de datos do Instituto Nacional de Estadística. Deste xeito, o INE contará cunha información depurada, contrastada, veraz e actualizada en relación aos habitantes de cada municipio”, apuntou o Deputado.
O proxecto terá unha duración estimada de sete meses, cun compromiso de soporte e mantemento de seis meses tras a súa finalización, o que garantirá a sostibilidade e a calidade dos resultados a longo prazo.
Ademais, salientou que “a posta en marcha de Xeopadrón representa un avance importante cara ao futuro Padrón Online, unha iniciativa do INE que permitirá crear unha base de datos xeorreferenciada de vivendas e fogares”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?