Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María José Ginzo (CITMAga), galardoada co Premio á Mellor Tese en Humanidades Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María José Ginzo (CITMAga), galardoada co Premio á Mellor Tese en Humanidades Dixitais

S. P.
Publicado: 27/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria-jose-ginzo-villamayor-conferencia-humanidades-digitales.jpgMaría José Ginzo Villamayor, profesora da Facultade de Matemáticas da USC e membro de CITMAga, vén de ser recoñecida co III Premio á Mellor Tese Doutoral en Humanidades Dixitais da Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas (HDH) e a Fundación BBVA, cuxa cerimonia de entrega celebrouse o pasado xoves. O obxectivo do seu traballo foi avaliar a distribución xeográfica dos apelidos para estudar os movementos da poboación, centrándose en Galicia e ampliando a análise a outros territorios estatais.
María José Ginzo desenvolveu na súa tese ferramentas estatísticas avanzadas e técnicas dixitais innovadoras para examinar máis de 160.000 apelidos e representou as súas conclusións en diversos mapas e gráficas, unhas conclusións antes ocultas nos datos dos apelidos e que ademais foron validadas polo Instituto da Lingua Galega.
Na cerimonia de entrega, a directora de Relacións Institucionais da Fundación BBVA, Silvia Churruca, manifestou que “a diferenza do coñecemento básico, a tecnoloxía non é un fin en se mesmo, pero é un factor que non só facilita senón que amplifica exponencialmente o potencial de calquera das áreas nas que se aplica. Esa capacidade transformadora obsérvase dunha maneira destacada no campo de coñecemento que é obxecto deste premio”.
Pola súa banda, a presidenta da HDH, Fátima Díez Platas, destacou que o premio “pon de relevo o carácter innovador dos saberes humanísticos coas metodoloxías dixitais e as ferramentas tecnolóxicas para abordar cuestión relevantes no ámbito científico e para a súa aplicación na nosa sociedade contemporánea”. Engadiu que “o saber humanístico, auxiliado e transformado polas capacidades crecentes da tecnoloxía e as posibilidades do entorno dixital, adquire, así, novos sentidos e atopa unha vía para producir un impacto real na sociedade e contribuír a algo que nos atinxe especialmente: comprender e interpretar o que comezamos a chamar a paisaxe humana”.
O traballo de María José Ginzo ten como obxectivo construír contornas xeográficas de apelidos en Galicia e analizar os patróns espaciais e espacio-temporais que rexen a súa distribución, ampliando certas partes desta análise onomástica a outras comunidades de España. A investigación galardoada, segundo indicou a acta do xurado no momento do fallo do premio, “combina o manexo dun gran volume de datos de diversos territorios de España coa visualización cartográfica”.
A tese analiza os datos dos máis de 160.000 apelidos das case 40 millóns de persoas nadas en España e nalgún dos seus municipios en 2011. Como destacou Ginzo na conferencia pronunciada tras a entrega do premio, “é crucial utilizar ferramentas estatísticas adecuadas que permitan analizar as distribucións, patróns e tendencias espaciais e temporais dos apelidos coa fin de comprender mellor a súa evolución e a súa relación con distintos contextos sociais e culturais ao longo do tempo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?