Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea presenta con éxito o seu proxecto GiDi en Dinamarca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea presenta con éxito o seu proxecto GiDi en Dinamarca

S. P.
Publicado: 27/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

equipo_balidea_dinamarca_gidi.jpgBalidea presentou en Dinamarca as posibilidades do seu asistente virtual GiDi, ferramenta deseñada para a axuda sanitaria en domicilios. O sistema, segundo informou a empresa tecnolóxica de Santiago, deixou en terras nórdicas “un feedback positivo en cada unha das reunións organizadas”. Valoráronse por exemplo as súas capacidades para revolucionar o traballo na atención médica ao aforrar tempo e recursos aos médicos, o fortalecemento da eficiencia ou a mellora na comunicación cos pacientes.
Vantaxes e utilidades (avanzadas) de GiDi
Como lembraremos, GiDi dá nome a un proxecto de investigación desenvolvido por Balidea en colaboración con IDMind, a Universidade de Vigo e a Fundación IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago). Está subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e financiado polo programa Eurostars-3 da Unión Europea e consiste nun asistente virtual robótico que permite o seguimento dos pacientes desde o seu propio fogar. O obxectivo é “establecer unha vía de comunicación constante cos pacientes por medio da voz”. Empregando tecnoloxías da linguaxe, e en base aos criterios establecidos polos profesionais sanitarios, GiDi realiza un seguimento, clasifica aos pacientes segundo a gravidade da súa condición e implementa protocolos personalizados de actuación. Deste xeito, os profesionais sanitarios poden centrarse naqueles doentes que requiren de atención inmediata.
Viaxe a Dinamarca (e presentacións previas)
Trala participación de Balidea no programa Desafia Nordics, organizado por Red.es e ICEX en novembro de 2024, o interese manifestado sobre o traballo da empresa compostelá en materia de IA (Intelixencia Artificial) e tecnoloxías aplicadas á área sanitaria fixo que recentemente un equipo formado por José Ángel Abeal, Anders Elfving, Iago Mosquera e Andrés Piñeiro viaxase a Dinamarca para manter diversos encontros con potenciais clientes e colaboradores.
Nestas reunións presentouse GiDi, o asistente para a orientación de pacientes no seguimento de protocolos médicos, que facilita a monitoraxe en tempo real e a comunicación cos profesionais sanitarios (especialmente pensado para o apoio na hospitalización a domicilio).
O proxecto contou coa participación da unidade de Hospitalización a Domicilio do CHUS de Santiago, abordando problemas globais dos sistemas de saúde das sociedades occidentais polo que, segundo explicou Balidea, “está a ter gran aceptación naquelas organizacións e partners aos que se presentou, tanto en España como no ámbito internacional”.
De entre as reunións que se celebraron Balidea destaca a realizada na rexión de Zealand, onde se lanzou o proxecto eHospital, no que se levou o concepto de Hospital en Casa a un nivel de desenvolvemento moi avanzado con algúns resultados “moi espectaculares”, segundo destacou a firma de Santiago, salientando fitos como a redución no tempo de ingreso dos pacientes (70%), a redución (entre un 30 e un 57%) dos custes para ingresos en eHospital ou a caída no número de infeccións hospitalarias e deterioración funcional derivada da hospitalización.
Un proxecto que responde a unha pregunta concreta
gidi_balidea_dinamarca.jpg GiDi desenvolveuse como resposta á unha pregunta: como se poden facer máis eficientes os procesos de seguimento para pacientes hospitalizados no seu domicilio?. Cunha premisa social e de sensibilización para axudar aos máis maiores, permite a monitoraxe en tempo real mediante o rexistro de datos clínicos relevantes, como signos vitais, síntomas e medicación, directamente na historia médica electrónica. Incorpora un sistema de alarmas intelixente capaz de detectar situacións de risco e notificar aos profesionais sanitarios cando é necesaria unha intervención urxente. Ademais, ofrece recomendacións personalizadas para os pacientes, como recordatorios de medicación, consellos de coidado adaptados e alertas proactivas para mellorar a adherencia ao tratamento. Isto conséguese mediante a interpretación duns protocolos detallados, conectándose en tempo real a fontes de información ou a servizos externos e procesar datos para xerar informes, resumos ou conversacións personalizadas.
Unha das principais vantaxes deste sistema é a súa flexibilidade multicanle, o que lle permite integrarse en plataformas web, aplicacións móbiles, sistemas de mensaxería como WhatsApp ou mesmo servizos telefónicos, garantindo que poidan ser utilizados en distintos contextos e contornas. Outros casos de uso esténdense a diferentes funcións e niveis, como enfermería, tarefas administrativas e xestión de pacientes. Estas capacidades permiten que os axentes de IA non só proporcionen información, senón que tamén asistan en procesos complexos automatizando tarefas e facilitando a interacción con sistemas externos en tempo real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?