Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Tech lanza unha plataforma de IAX para crear asistentes virtuais personalizables
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Tech lanza unha plataforma de IAX para crear asistentes virtuais personalizables

S. P.
Publicado: 28/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_genai_platform-web-1000x650-es.jpgCo comezo do ano Telefónica Tech deu un novo paso dirixido a expandir o uso da Intelixencia Artificial no mundo empresarial. En concreto, a compañía tecnolóxica lanzou ao mercado a plataforma Telefónica Tech GenAI Platform, dirixida a axudar ás organizacións para crear asistentes virtuais personalizables con capacidade para “resolver consultas complexas, automatizar tarefas repetitivas e optimizar procesos internos a través dunha interface clara e intuitiva”, sinalou a operadora nun comunicado.
A plataforma, creada con Altostratus part of Telefónica Tech, non require configuracións complexas e ofrece aos clientes acceso ás versións máis avanzadas dos principais grandes modelos de linguaxe (Large Language Models – LLMs), achegando, en palabras da compañía, “potencia, adaptabilidade e flexibilidade sen comprometer o control da información (esta estará na infraestrutura do cliente)”.
Telefónica Tech GenAI Platform pode ser usada por múltiples usuarios de forma simultánea e unha dos seus principais características é a ampla colección de centos de ferramentas coas que se pode integrar (repositorios de información, ferramentas de comunicación e aplicacións empresariais…).
Telefónica salienta tamén que a plataforma permite ás organizacións mellorar a atención ao cliente, anticiparse a tendencias grazas á análise avanzada de datos e aumentar a produtividade en áreas clave como a xestión de recursos humanos ou a planificación financeira. “Isto libera tempo e recursos para que estas poidan centrarse en actividades estratéxicas que impulsen o crecemento do negocio”, destaca a operadora.
Elena Gil Lizasoain, directora de IA e Data de Telefónica Tech para España e América, asegura que “esta nova plataforma nace coa vocación de impulsar o uso da IA Xenerativa (IAX) en todo tipo de organizacións, con independencia do tamaño e do nivel técnico dos usuarios, e popularizar o uso dos asistentes virtuais personalizados para transformar os negocios e facelos máis eficientes e resilientes”.
A plataforma é ademais compatible coa tecnoloxía de diferentes hiperescalares, e as súas capacidades intégranse e operan coa tecnoloxía do cliente. Tamén permite a conexión a través APIs, adaptándose ás necesidades específicas de cada empresa para a execución de accións ou procesos.
Ademais, cumpre coas políticas e procesos de goberno do dato, garantindo a conexión segura con diferentes repositorios de datos, e está deseñada para cumprir co Regulamento europeo de Intelixencia Artificial (RIA) e rexerse polas leis ou regulacións específicas de cada país ou rexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?