Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia loce poder de transformación na 3ª feira internacional S4i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia loce poder de transformación na 3ª feira internacional S4i

S. P.
Publicado: 30/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20250129gainscienceforindustrymadrid_2_.jpgEstes días (mércores e xoves 29 e 30 de xaneiro) unha delegación innovadora galega participa en Madrid na feira internacional Science for Industry-S4i, terceira edición duns encontros internacionais arredor da Deep Science, organizados en La Nave pola Universidade Autónoma de Madrid e BeAble Capital e dirixidos a visualizar a visión de futuro da industria, unindo ciencia e tecnoloxía co sector empresarial. Trátase dun punto de encontro para líderes industriais e científicos e tamén unha plataforma para que as startups, as empresas establecidas e os centros de xeración de coñecemento e capital risco colaboren e co-lideren o camiño cara a un futuro próspero.
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, participou este mércores na inauguración deste evento. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabeza a delegación galega que participa na feira internacional S4i. No stand institucional da Xunta participan máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i, entre universidades, centros tecnolóxicos, clústeres, fundacións, entidades de capital risco, aceleradoras e administración, que buscan explorar novas oportunidades de negocio para os seus proxectos.
20250129gainscienceforindustrymadrid_1_.jpgA participación neste evento enmárcase no programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo conectar o gran potencial da ciencia excelente e o entorno empresarial para converter a investigación en solucións de mercado.
Participan no stand institucional as Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), os centros tecnolóxicos ANFACO-CECOPESCA, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o Centro Tecnolóxico Gradiant e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), os clústeres BIOGA, Clúster de Saúde de Galicia e Clúster TIC, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) e as entidades de capital risco UNIRISCO e a aceleradora BFAero, así como empresas asociadas a estas entidades.
O Programa Ignicia é unha iniciativa da Xunta que contribúe desde 2016 á transformación do modelo económico en Galicia. Destaca o apoio do programa a 32 proxectos, a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin-offs e 3 acordos coa industria), a creación de máis de 140 empregos altamente cualificados ou a captación de máis de 26 millóns de euros en investimentos e financiamento público-privado.
A participación da UVigo
foro_uvigo_s4i_enmadrid6.jpg A Universidade de Vigo detallou na Rede a súa participación na feira S4i, a través da Oficina de I+D, que sinalou que estamos ante “unha ocasión excepcional para presentar á nosa universidade como un aliado estratéxico para o tecido produtivo e unha boa oportunidade para que os traballos da comunidade investigadora cheguen á sociedade”.
Completan a delegación da UVigo representantes da spin-off Spectrumgrid, liderada polo investigador Pablo Breogán Sánchez, que se dedica á prestación de servizos de rastrexabilidade material e dixital de fibras e tecidos. Participa, neste caso, no programa Call for startups – S4I, onde se lle dá a oportunidade de presentar a investidores e representantes do ecosistema de emprendemento tecnolóxico nacional e internacional a súa actividade e os seus plans de futuro.
Tamén están presentes no evento os representantes dos proxectos Ignicia-Proba de Concepto da Universidade de Vigo MytUniSex e edgecontinuum, que están a desenvolver e madurar os seus resultados da investigación no eido da produción intensiva de mexillóns unisex e nas comunicacións de redes 5G e o edge computing, co obxectivo de crear, ao final do proxecto en 2026, sendas spin-off que comercialicen os produtos e servizos derivados da investigación. Os directores executivos destas futuras compañías (Manuel García, de MytUniSex, e Miguel Faro de edgecontinuum) acoden a Madrid co obxectivo de xerar contactos, reunirse con posibles parceiros e dar a coñecer a súa iniciativa empresarial aos investidores e empresas de capital risco que participan na feira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?