Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra inviste 1,45 millóns na xestión das redes Smartpeme+ e Acelera Peme Rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra inviste 1,45 millóns na xestión das redes Smartpeme+ e Acelera Peme Rural

S. P.
Publicado: 31/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_20250130_luisa_sanchez_aje_vigo_02.jpgA vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou a renovación da aposta da institución pola Rede SmartPeme+, programa de capacitación tecnolóxica ao servizo das pequenas e medianas e empresas e as persoas autónomas das distintas comarcas da provincia. Fíxoo na gala de entrega XIX Premios Joven Empresario/a de AJE Vigo onde entregou o galardón honorífico a Carlos Filgueira, de Oftega, e reivindicou o firme compromiso da institución provincial coa cultura emprendedora.
“Debemos facilitar o camiño aos emprendedores e cónstame que tanto desde o nivel autonómico como desde o provincial temos realizado grandes esforzos e cambios para conseguilo”, enxalzou Sánchez quen tamén remarcou a necesidade de “acompañar” aos emprendedores e, como dixemos, anunciou novidades sobre a Rede SmartPeme+. Por exemplo que este mesmo mes entrará en vigor o novo contrato para xestionar a rede de oficinas SmartPeme+ e Acelera Peme Rural, que contarán cun investimento total de 1,45 millóns de euros no 2025 e que asesorarán a persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Ademais, recordou que a través desta rede tamén “se levarán a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo ata 200 obradoiros e actividades complementarias”.
“Trátase de axudarvos a poñer en valor o voso traballo, impulsar o nacemento de novos proxectos emprendedores e o crecemento doutros que xa están en funcionamento”, subliñou Sánchez, que engadiu que “sabemos que ser empresario novo é moito máis que unha cuestión de idade, tamén é incorporar ao mercado novos coñecementos, aportar innovación a sectores tradicionais ou asumir un legado empresarial de décadas que hai que renovar e nós, desde a Deputación de Pontevedra, queremos estar ao voso lado”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?