Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha web para localizar tendas de proximidade gaña o hackathon sobre finanzas persoais sostibles da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha web para localizar tendas de proximidade gaña o hackathon sobre finanzas persoais sostibles da UDC

S. P.
Publicado: 31/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Diego Pérez (Mallorca, 2006), Irene Rodiles (Santiago de Compostela, 2006), Gabriel Pita (Ferrol, 2000) e Clara Ventura (Fene, 2003) viaxarán no mes de abril xunto con Lydia Fernández (Ferrol, 2000)
Diego Pérez (Mallorca, 2006), Irene Rodiles (Santiago de Compostela, 2006), Gabriel Pita (Ferrol, 2000) e Clara Ventura (Fene, 2003) viaxarán no mes de abril xunto con Lydia Fernández (Ferrol, 2000)
ECORADAR, unha páxina web que lle permite á rapazada de entre 18 e 25 anos localizar aquelas tendas que ofrecen produtos de proximidade nas cidades da Coruña e de Ferrol impúxose finalmente no hackathon sobre finanzas persoais sostibles que acolleu esta semana (dende o martes ata o xoves), a Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol no marco do Proxecto Europeo Erasmus+ ImpactFinance.
Detrás desta iniciativa que pretende fomentar o consumo responsable entre os máis novos e, en particular, entre o alumnado da Universidade da Coruña (UDC) están Diego Pérez, Irene Rodiles e Lydia Fernández, estudantes do grao en Relacións Internacionais, así como Gabriel Pita e Clara Ventura, do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. No mes de abril, este grupo de mozos e mozas viaxará ata a cidade grega de Tesalónica para presentar a súa proposta de material educativo xunto con outros estudantes de Chipre, Grecia e de Lituania.
A páxina web proposta polo alumnado do Campus Industrial de Ferrol quere converterse nunha plataforma educativa que sirva para concienciar á comunidade universitaria sobre a alimentación saudable e respectuosa co medio ambiente. A sección de receitas elaboradas polo propio alumnado da Universidade da Coruña (UDC) e as enquisas, por exemplo, sobre o consumo de produtos de tempada que propuxeron ante o xurado, integrado por profesorado da Facultade de Economía e Empresa e da de Humanidades e Documentación, poderían ser usadas tamén como recursos educativos para este fin.
A xestión dos residuos urbanos, a alimentación sostible, o consumismo ou a capacidade de aforro da mocidade foron algúns dos temas nos que afondaron os máis de 40 alumnos e alumnas inscritos neste hackathon. O Campus da Coruña estivo representado por estudantes dos graos en Administración e Dirección de Empresas e de Economía, así como polo alumnado do mestrado en Banca e Finanzas. Pola súa banda, o Campus Industrial de Ferrol contou coa presencia dun grupo de mozos e mozas que cursan os graos en Relacións Laborais e Recursos Humanos, en Xestión Industrial da Moda e en Relacións Internacionais.
premio_hackathon_sostibeis_udc_mentores_mentoras_profesorado_organizador.jpgPara acadar o seu obxectivo, as e os participantes contaron tamén co apoio dun grupo de persoas expertas entre as que figuran a consultora Maika R. Freire; a xornalista Eva Mazás; a experta en empredemento María Teresa Deus; o profesor do IES Salvador de Madariaga da Coruña Rodrígo García-Muñoz; o profesor do Colexio Tirso de Molina de Ferrol, José Juan Álvarez; a pedagoga Maite García; a emprendedora Lucía Mato, o socio de Seniors Españoles para la Cooperación Técnica (SECOT), Sergio Martínez; o enxeñeiro naval Vicente Irisarri e os profesores da Universidade da Coruña (UDC), Javier Orosa, Jorge Pérez e Félix Puime.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?