Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira formará á rapazada en redes seguras e saudables co programa Entroido Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira formará á rapazada en redes seguras e saudables co programa Entroido Dixital

S. P.
Publicado: 31/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cemit_suarez_puerta_ribeira_entroido_dixital.jpgO concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este venres 31 de xaneiro unha iniciativa de lecer tecnolóxico para favorecer a conciliación no Entroido e, tamén, un uso racional, seguro e enriquecedor das novas ferramentas tecnolóxicas: o Entroido Dixital. O programa inclúe campamentos a desenvolver na Aula CeMIT de Ribeira os días 3, 4 e 5 de marzo de 10.00 a 13.00 h.
O edil debullou unha programación “que está orientada para nenos e nenas de 9 a 11 anos” e a través da cal adquirirá coñecementos en” determinadas competencias dixitais dun xeito útil, creativo e responsable”, anunciou Suárez-Puerta.
Segundo engadiu, neste campamento dixital de entroido aprenderase a atopar información de valor en Internet así como a saber filtrar e buscar información dun xeito máis efectivo. Ademais, os nenos e nenas coñecerán ferramentas para crear contido dixital, a importancia de crear contrasinais seguras e a protexer os datos persoais. Tamén no eido da información coñecerán as pautas para verificar a información que se comparte e detectar as novas falsas.
No plano das multipantallas daranse consellos para controlar o tempo fronte ás mesmas e a exercitar hábitos saudables de desconexión e benestar dixital. En redes sociais, a saber coidar a privacidade e as normas de comportamento así como detectar e previr situacións de ciberacoso.
O concelleiro explicou que porase o foco no “o uso consciente e responsable de Internet e as redes sociais, nas recomendacións sobre a protección de datos, na identidade dixital e na reputación online, asi como nas competencias dixitais para a procura de emprego”.
Suárez-Puerta sinalou “este campamento é para unha idade temperá como pode ser a franxa dos 9 a 11 años” e que está aprendizaxe aportará á rapazada as ferramentas para facer fronte aos perigos da Rede e para “garantir un uso correcto de tódalas posibilidades que ofrece o mundo dixital”, e anotou que “a día de hoxe os nenos e nenas van medrando nun entorno xeneralizado e normalizado da exposición ás redes sociais sen ter ningún tipo de pauta ou formación previa; o que queremos e desexamos, é que estean preparados e formados para ter a posibilidade de medir; hasta que punto se hai que expoñer e como saber detectar os seus perigos mentres á vez sexan conscientes de administrar o consumo das pantallas a diario”.
Finalmente o concelleiro animou aos pais e nais a que se apunten a este campamento dixital de entroido no que porán facelo chamando ao 981 87 60 43.ou enviando un correo a cemit.ribeira@xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?