Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Encantada celebra 20 anos de travesía virtual mostrando a maxia da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Encantada celebra 20 anos de travesía virtual mostrando a maxia da nosa terra

S. P.
Publicado: 03/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galicia_encantada_20_aniversario_captura_web.jpgUnha páxina histórica da Rede galega, Galicia Encantada, está este mes de marzo de celebración. O vindeiro 5 de marzo de 2025, a web Galicia Encantada: Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia cumprirá 20 anos de travesía virtual. Galicia Encantada naceu en marzo de 2005, en palabras do seu creador, Antonio Reigosa, “aproveitando as posibilidades que ofrecía xa daquela a rede Internet, para comunicar, estudar, divulgar e preservar para o futuro o noso patrimonio oral inmaterial, centrándose especialmente na literatura de tradición oral”.
Reigosa engade que Galicia Encantada foi concibida desde os seus inicios “como un ferramenta interactiva e dinámica, colaborativa e aberta gratuitamente a todas aquelas persoas de calquera parte do mundo que tivesen interese en coñecer a nosa cultura oral. Recibiu e recibe milleiros de consultas”.
Desde os inicios publicáronse máis de 3.000 arquivos e contouse coa colaboración de varias ducias de colaboradoras e colaboradores que de xeito desinteresado foron achegando textos e notas de interese para os obxectivos da web.
Reigosa explique ao longo destas dúas décadas de andaina a enciclopedia galega do máxico foi consultada por milleiros de persoas de todo o mundo e foi usada como recurso didáctico para manuais escolares e nas aulas, tanto polo profesorado como polo alumnado de numerosos centros. Ademais, opera como arquivo documental para proxectos creativos moi variados, “desde o deseño de xogos baseados na nosa mitoloxía popular e na literatura galega de tradición oral ata traballos universitarios”.
O creador e coordinador do proxecto, o escritor e investigador, Antonio Reigosa, conta desde os inicios “co impagable apoio técnico” da empresa Desarrollos Lugonet e “coa excelente colaboración gráfica” de Noemí López. Nado en Mondoñedo en 1958, localidade da que exerce como cronista oficial, Reigosa é escritor, investigador e divulgador da cultura popular. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Co-fundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do Dicionario dos Seres Míticos Galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral.
Galicia Encantada non contou nin conta con patrocinio de ningún tipo, nin público nin privado.
Sobre os contidos de Galicia Encantada impartíronse varios relatorios en diferentes xornadas e cursos de formación, e tamén foron publicados numerosos artigos e dous libros: Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres e dos lugares que a habitan e Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías. Este último volume foi lanzado en 2015 por Xerais e representa a conversión da web en formato libro, transmutando en papel unha parte dos documentos atesourados no sitio en liña durante este tempo, revisados e actualizados e “coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes”.
Segundo engadiu Reigosa, estes e outros fitos rexistrados pola web que conmemora o seu 20 aniversario “poñen de manifesto o importante interese polo patrimonio inmaterial galego, pola literatura de tradición oral e polas posibilidades que para o eido do ensino e da cultura pode achegar a Internet”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?