Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnado de 10 a 18 anos de toda Galicia pode participar no desafío Atrévete coa mente de Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnado de 10 a 18 anos de toda Galicia pode participar no desafío Atrévete coa mente de Galiciencia

S. P.
Publicado: 03/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galiciencia2-12.jpgA feira científica para a mocidade Galiciencia, impulsada polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, celebra este ano o seu 20 aniversario co lema Neurociencia e saúde mental, dirixido ao alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato e co fin de favorecer o seu talento innovador e emprendedor. Ademais do concurso de proxectos, convócase o desafío científico Atrévete coa mente!, dirixido a estudantes de 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia. Poderán participar pequenos grupos de dous ou tres integrantes, a ser posible mixtos, de entre 10 e 18 anos.
O desafío consta de dúas fases, unha online e outra presencial. Para poder superar a primeira fase en liña cómpre participar nos tres retos que se irán propoñendo ao longo dos vindeiros meses, todos eles vencellados coa neurociencia e a saúde mental. O prazo de inscrición no primeiro reto, que deberá efectuarse a través da web do desafío, remata o 20 de febreiro.
Para chegar á fase final, que terá lugar de xeito presencial durante a celebración de Galiciencia no mes de maio, será “imprescindible” ter participado nos tres retos en liña. No derradeiro desafío competirán os tres grupos mellor valorados de cada categoría: Primaria, Secundaria e 4º da ESO e Bacharelato.
A Tecnópole explicou que “ao longo destes retos proporáselle aos equipos participantes explorar a mente humana, toda unha aventura na que a rapazada terá a oportunidade de descubrir que ocorre no noso corpo cando, por exemplo, tocamos un obxecto moi quente, ou por que nos sentimos tan ben despois de facer deporte… E coñecerán a importancia da neurociencia para poder entender e mellorar a nosa saúde mental”.
Este ano Tecnópole achegará unha axuda de 100 euros para gastos de transporte aos equipos que se clasifiquen para a fase final do desafío. Poderán beneficiarse desta axuda os centros educativos que non sexan de Ourense capital nin dos concellos limítrofes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?